Euro-Esperanças de futebol em Israel

colonizacion_xerusalem_este.redimensionado

Transcrevemos a seguir partes de um artigo de Olivier Pironet, publicado em Le Monde Diplomatique de Maio.

Euro-Esperanças de futebol em Israel, os direitos dos palestinianos espezinhados

 “Aceitámo-los na Europa e garantimos-lhes as condições de adesão; eles devem respeitar a mensagem das leis e dos regulamentos desportivos internacionais, caso contrário a sua presença na Europa não ocorrerá. Farei tudo ao meu alcance para pôr fim ao sofrimento do jogador palestiniano, nomeadamente no futebol. (…) Israel só tem uma escolha: deixar o desporto palestiniano se desenvolver ou então deverá assumir sozinho as consequências da sua atitude”.

Assim se exprimia Michel Platini, presidente da União Europeia das Associações Read more

Al-Nakba. 18 de maio. Lugo

Às 19:30, no Lar da AC Cultura do País, BDS-Galiza apresentará a campanha global de Boicote, Desinvestimento e Sançons a Israel. Posteriormente será projetado un documentário sobre a situaçom da Palestina.

Declaración institucional do Parlamento de Galiza sobre o pobo palestino

Este 15 de maio, aniversario do comezo do éxodo do pobo palestino,  o Parlamento de Galicia reclama da comunidade internacional que esixa a Israel:

O cumprimento das resolución das Nacións Unidas.
O respecto absoluto dos dereitos humanos de palestinas e palestinos.
O respecto absoluto dos dereitos colectivos do pobo palestino.
O recoñecemento do dereito ao retorno das persoas e comunidades ás terras e casas de que foron expulsadas.
Manifestamos o noso máis firme compromiso cos dereitos inalienábeis da persoa, coa liberdade e co máis pleno respecto á dignidade humana.
O Parlamento de Galicia non escatimará esforzos en contribuír desde Galicia a construír unha orde internacional xusta baixo o respaldo da legalidade internacional, un mundo no que a forza fique sempre sometida ao dereito.
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2013

Gush Shalom insta a cantora Noa a suspender actuación en Xerusalén

A cantora “pacifista” Noa

Gush Shalom solicita a cantora Achinoam Nini (coñecida como Noa) que cancele a actuación prevista durante os actos do que Israel chama o “día de Xerusalén”.

A organización pacifista lembra que a cámara municipal de Xerusalén anuncia o evento como unha celebración do 46 aniversario da “liberación e unificación” da cidade e que este organismo actúa como o maior aparato de presión contra as persoas palestinas que ainda residen na cidade, prestándolles como únicos servizos municipais a acción dos bulldozers que arrasan as súas vivendas. Read more

Al-Nakba. 15 de Maio. Actos en Ponteareas, Coruña, Ourense, o Barco e Cée

Al_Nakba_2013.difusion

Ponteareas – Auditorio R. Soutullo -17:00

Proxección de Al-Nakba  (Organiza As. Brétemas)

O Barco de Valdeorras – Salón de Actos Edificio Multiusos – 20:00

Proxeción do Filme: Domicilio Privado (Saverio Costanzo) (Organiza BDS-Galiza)

Coruña – 18:30 e 20:00

18:30 – Escola de Idiomas -

Inauguración da Aula Mahmoud Darwich  (Organiza AELG e EOI)

20:00 – O Mentireiro

Palestra – Mohamed Safa e Elvira Souto (organizam Galiza Nova e BDS-Galiza)

Ourense – A.C. Auriense -22:00

Música (Xestreu, Ico e Abraham), poesia (Belém de Andrade), teatro (Ledicia Álvarez, “Lele”, e Miguel García), proxección vídeos, exposición debuxos de Carlos Latuff. (Organizan BDS-Galiza e Asociación Cultural Auriense)

Cee – Café Colonial – 22:00

Festa por Palestina. Música (Professor Turnes e Rafa Mississipi), Poesia (Xaime Trillo, Vicki Rivadulla, Mohamed Safa), proxección “Película urgente por Palestina”

 

Al-Nakba. 14 de maio. Proxección na Fundación Araguaney

O Documental, dividido en dúas partes, narra a historia da catástrofe palestina (Al Nakba), desde 1799 ata ata día de hoxe.

Cun material de arquivo único e testimonios de historiadores israelíes, palestinos e británicos, relátase unha historia extraordinaria, que ainda modela os asuntos de Oriente Próximo de hoxe en día. Read more

Nakba e Shoá, a catástrofe que non cesa

Neste mes de maio estase a celebrar o 65º aniversario da Nakba palestina, que conmemora un funesto 15 de maio, no que a declaración do estado de Israel primeiro e a expansión violenta nos territorios palestinos, foi levando a milleiros de homes, mulleres e nenos a ser expulsad@s pola forza dos seus lares polo sionismo xudeu, e obrigad@s a viviren en campos de refuxiad@s, iniciándose un éxodo progresivo que dura até hoxe.

Nakba é un termo árabe que significa “catástrofe”, ou “desastre”. Concepto equivalente ao termo hebreo shoá, que significa tamén “catástrofe”, e que os Read more