Amigas e amigos, diversos colectivos galegos (Pallasos en Rebeldia, Altermundo, Fuga em rede, Esculca), estamos interesados en pór en marcha en Galiza a campaña internacional Boicot, Desinvestimento e Sancións a Israel e queremos convocar-vos a unha primeira reunión para estudarmos xuntos posíveis vias de actuación no noso país.
A título meramente indicativo, propomos-vos algunhas liñas de actuación:
. produción e destino de armamento con tecnoloxia israelita na Fábrica de armas da Coruña;
. boicot a produtos israelitas facilmente identificáveis (como p.ex. cosméticos Jericho do Mar Morto) e reclamación aos poderes públicos de identificación visível de todos os produtos israelitas;
. non participación de artistas, deportistas ou académicos que teñan manifestado algun tipo de apoio ao rexime sionista en eventos culturais ou deportivos no noso país;
. información publica das actividades do Tribunal Bertrand Russell para Palestina,
. e todas as propostas que vós queirades facer.
Con estes puntos como base para a reflexión colectiva, seguiremos traballando en vindeiras xuntanzas…