Furado o bloqueo - Road to Hope entra en Gaza!

administradora | Sexta-feira, 26 de Novembro de 2010

“Estamos desde hai unhas horas en Gaza e fomos obxeto de unha recepción tan extraordinária por parte das autoridades e do povo que no persoal sinto que non o merezo. A felicidade de todos os que formamos parte de Road to Hope, ao igual que a de quen nos esperava, é francamente indescritível. Espero que [...]

Dia Internacional de Solidariedade co Povo Palestino

administradora | Quinta-feira, 25 de Novembro de 2010

Convocatória de Galiza por Palestina O día 29 de novembro é o Día Internacional de Solidariedade co Povo Palestino. Neste día queremos producir na cidade vella da capital de Galicia a realidade dunha das decenas de checkpoints da entidade sionista nos Territorios Ocupados de Palestina. O acto pretende ser unha performance de denuncia da situación, [...]

Road to Hope resiste apesar das dificuldades

administradora | Segunda-feira, 15 de Novembro de 2010

Finalmente os activistas que permanecian presos en Grécia foron postos en liberdade encanto o armador e o capitán foron detidos e acusados de dous delitos graves: secuestro e apropriación. Ver aqui o vídeo do secuestro gravado do interior do barco e publicado por Rompiendo Muros. Entretanto, o resto da caravana humanitária continua en Líbia en [...]

Cooperantes secuestrados serán postos en liberdade e repatriados

administradora | Domingo, 14 de Novembro de 2010

Rompiendo Muros informa que, finalmente, e despois de difíceis xestións feitas por unha delegación da iniciativa Rumo a Gaza-Grécia, que visitou os activistas retidos no porto de Keratsini e para lles prestar asisténcia legal e atender as suas mais imediatas necesidades, o Ministério Público grego informou os integrantes de Road to Hope que serán postos [...]

Road to Hope precisa apoio internacional urxente

administradora | Sábado, 13 de Novembro de 2010

COMUNICADO DOS REFÉNS DO STRÓFADES IV “Fomos secuestrados no porto líbio de Derna polo capitán e a tripulación do Strofades IV. O capitán e atripulación afastaron-se e agora as autoridades gregas manteñen-nos a bordo do barco a ponta de pistola custodiados por un grupo SWAT grego nun pequeno cuarto de madeira de 8×8 mts. Dixo-se-nos [...]

"Por qué deste blogue?"

O BDS-Galiza está formado por diferentes colectivos galegos que teñen como obxectivo común traballar polo "Boicote, os desinvestimentos e as sancións a Israel". Aquí tentamos agrupar toda a info dispoñible para todas aqueles persoas e/ou colectivos galegos que concorden cos nosos propósitos.

Podedes ler o manifesto fundacional da Campaña BDS Mundial