Road to Hope precisa apoio internacional urxente

Publicado por administradora o Sábado, 13 de Novembro de 2010

COMUNICADO DOS REFÉNS DO STRÓFADES IV

“Fomos secuestrados no porto líbio de Derna polo capitán e a tripulación do Strofades IV. O capitán e atripulación afastaron-se e agora as autoridades gregas manteñen-nos a bordo do barco a ponta de pistola custodiados por un grupo SWAT grego nun pequeno cuarto de madeira de 8×8 mts. Dixo-se-nos que se nos movemos dispararán.
Solicitamos facilidades para dormir, duchar-nos, telefone/internete e asisténcia consular. Negou-se-nos todo. Nas últimas 48 horas deron-nos unha lata de Coca Cola e un bocadillo para comer. Non tivemos aceso à água a non ser a dos baños. Temos que pedir autorizacion para facer calquer cousa, mesmo irmos ao cuarto de baño. Ignoramos a natureza dos cargos que se nos imputan e sentimo-nos mui vulneráveis.
Pedimos por favor a todo o mundo que exerza presíón con o governo grego demandando o fin dete pesadelo Nós queremos que as autoridades gregas nos liberten e nos permitan pasar a Líbia onde está o resto dos membros do comboio para podermos levar a axuda humanitária a Palestina.”

Segundo declaración de Ellie Merton, responsável de prensa de Road to Hope, os cooperantes secuestrados aguardan a chegada dos seus pasaportes desde Líbia, supondo -como prometen as autoridades gregas- que con eles serán libertados. Merton pede à cidadania de todos os países comunicaren con as respectivas embaixadas líbias para pedir que se acelere o trámite.

email: oficinapopularlibia-madrid@hotmail.com

Ver aqui o vídeo do secuestro que publica en exclusiva Rompiendo Muros.

Comments

Dejar una respuesta

"Por qué deste blogue?"

O BDS-Galiza está formado por diferentes colectivos galegos que teñen como obxectivo común traballar polo "Boicote, os desinvestimentos e as sancións a Israel". Aquí tentamos agrupar toda a info dispoñible para todas aqueles persoas e/ou colectivos galegos que concorden cos nosos propósitos.

Podedes ler o manifesto fundacional da Campaña BDS Mundial