Activistas BDS en Vigo

administradora | Terça-feira, 28 de Dezembro de 2010

No aniversario da criminal ofensiva israeliana en Gaza, a operación “Chumbo Fundido”, o movemento galego do BDS organizou en Vigo, na Praza da Constitución, un acto de promoción do boicote a Israel, como parte da resposta que sociedade civil está a artellar internacionalmente para rematar co apartheid e a ocupación que un estado de Israel [...]

Galiza-Palestina: 26 de Decembro en Ourense

administradora | Sexta-feira, 10 de Dezembro de 2010

O próximo dia 18 (sábado) às 21;00 horas terá lugar en Compostela, no local da Asociación A Gentalha do Pichel (Sta. Clara, 21-baixo), a apresentación das actividades da semana que o colectivo Siareir@s Galeg@s, con a colaboración da plataforma BDS-Galiza e da Comunidade Palestina de Catalunya, organiza en solidariedade con o povo palestiniano. As actividades [...]

Charla en Vigo sobre a situación de Palestina

administradora | Domingo, 5 de Dezembro de 2010

O próximo dia 7, no Centro Cívico do Casco Vello de Vigo, terá lugar às 19:00 unha conferéncia e charla pública con Liliana Córdova, co-fundadora e coordenadora da Rede Internacional de Xudeus Antisionista (IJAN) nas suas siglas en inglés). O acto está organizado polo colectivo Xudeus Antisionistas e o Movemento BDS da cidade. Mais información [...]

Campaña BDS na Galiza

administradora | Domingo, 5 de Dezembro de 2010

O convite de vários organismos galegos públicos ao ex-ministro israelita Shlomo Ben Ami para participar nas xornadas “Camiño ao andar”  organizadas polo Xacobeu 2010, a Xunta de Galiza e o BBV no Centro Galego de Arte Contemporánea de Compostela, onde impartiu unha palestra sob o título “O valor da diplomacia”, provocou a protesta de BDS-Galiza [...]

Apoio á II Flotilla da Liberdade

Asina Aqui

As persoas que asinamos este escrito queremos manifestar o noso apoio á Flotilla da Liberdade II que en xuño zarpará rumbo a Gaza con axuda humanitária para a castigada populación da Faixa e o propósito de romper o criminal bloqueo a que a ten sometida Israel. O carácter pacífico desta iniciativa internacional e a legalidade do seu obxectivo deberian ser razóns suficientes para garantir a seguridade das persoas e os bens que viaxarán a bordo dos 15 buques que está previsto formen a frota.
Ler máis

"Por qué deste blogue?"

O BDS-Galiza está formado por diferentes colectivos galegos que teñen como obxectivo común traballar polo "Boicote, os desinvestimentos e as sancións a Israel". Aquí tentamos agrupar toda a info dispoñible para todas aqueles persoas e/ou colectivos galegos que concorden cos nosos propósitos.

Podedes ler o manifesto fundacional da Campaña BDS Mundial