A Flotilla lanza a Gaza cara o mundo

Publicado por o Quarta-feira, 6 de Julho de 2011

Este xoves, 7 de xullo de 2011, regresará parte do continxente de internacionalistas de Rumbo a Gaza que dende o pasado 22 de xuño está en Grecia agardando embarcar no ‘Gernika’ para zarpar, xunto ao resto da Segunda Flotilla da Liberdade, con destino cara as costas de Palestina para romper e pór fin ao bloqueo ilegal israelí á Faixa. Un grupo de brigadistas de Rumbo a Gaza permanecerá no porto cretense de Kolymvari custodiando o noso barco.

A partida da Flotilla da Liberdade pode demorarse unhas poucas semanas ou varios meses. Non nos importa. Do pobo palestino aprendemos a ser pacientes. Se alí levan máis de 60 años resistindo heroicamente unha ocupación brutal, aquí podemos agardar todo o tempo que sexa preciso para nos facer á mar e ir ao seu encontro como homes e mulleres libres. A chantaxe, as sabotaxes e as artimañas ilegais non dobregarán a nosa vontade.

As persoas que están a punto de regresar cumpriron sobradamente co obxectivo inicial que se marcou Rumbo a Gaza: pór no primeiro plano da axenda internacional o criminal cerco israelí á Faixa de Gaza e o sometimento de todo o pobo palestino. Voltan para se reincorporar aos seus traballos e ás súas vidas, e para seguir loitando como veñen facendo até o de agora, como veñen facendo dende sempre e como o fixeron en terras gregas, desafiando a ilegal e inxusta inmobilización da Flotilla por parte do Goberno de Grecia, a prepotencia do Estado de Israel, a complicidade de Estados Unidos e o cínico silencio da Unión Europea e do Goberno de España.

Neste ano de intenso traballo, a nosa campaña foi a voz de Gaza e de Palestina. E esta voz sonou máis forte ca nunca durante estes últimos días. Ninguén se puido sustraer ao debate: cidadanía, medios de comunicación de masas e medios alternativos, gobernantes e representantes políticos, embaixadas… Nen no Estado español nen no resto do mundo. Temos vencido ao maior aliado do Estado de Israel: o silencio.

Dixémolo en todos os lugares aos que acudimos nestes meses: a Flotilla da Liberdade non é fin en si mesma, senon un medio máis de loita na defensa dos dereitos do pobo palestino. Cando os sabios apuntan á Lúa, os necios fican a mirar o dedo. E así ficaron os Gobernos de Israel, de Grecia, de Estados Unidos e da Unión Europea, que non se decatan de que a solidariedad popular en torno a Palestina medra na mesma medida que a súa lexitimidade democrática diminúe.

E é que a Segunda Flotilla da Liberdade tivo a virtude de ter obrigado a se definir a todos os actores involucrados, e la imaxe que deixou a maioría deixa moito que desexar.

Israel voltou evidenciar a súa condición de Estado delincuente, amparado polo seu gran cómplice, Estados Unidos.

O Goberno grego foi un monicreque nas mans dos poderosos, mentres que o silencio vergoñento da Unión Europea é unha afrenta para aquelas persoas que despois da Segunda Guerra Mundial soñaron un continente libre, democrático e en paz. Outro tanto se podería dicir de Nacións Unidas, co seu inane secretario xeral, Ban Ki-moon, á cabeza. Coa súa actuación, todos se fixeron cómplices do bloqueo de Gaza e do soxuzgamento do pobo palestino.

Mención aparte merece o Goberno de España. Tras negar a protección ao ‘Gernika’, a ministra de Asuntos Exteriores, Trinidad Jiménez, refuxiouse nun covarde silencio a pesares de que dúass patrulleiras militares gregas rodean dende hai varios días a 45 personas de cidadanía española. Do embaixador en Grecia, Miguel Fuertes Suárez, inda non se teñen novas. Probabelmente estará moi ocupado defendendo os intereses das multinacionais españolas en lugar da vida e a seguridade dos cidadáns e das cidadás.

Dixemos hai un ano que Rumbo a Gaza nacía con vocación de permanencia. O que se conseguiu nestes meses refirma a validez da nosa proposta e da iniciativa das Flotillas. Creouse unha sólida plataforma de traballo dende a que axudar á liberación do pobo palestino. Desa plataforma forman parte as persoas que agora regresan, as que permanecen en Kolymvari, as que partirán en breve e todas aquelas que, como dixo Santiago Alba Rico nunhas palabras que se veñen de converter xa en sinal de identidade da nosa campaña, sopaan dende terra:

“A Flotilla non está composta duns cantos barcos; a Flotilla é inmensa, está en terra, en todas partes; nestes barcos viaxan centos de miles de persoas, millóns de persoas. Nestes barcos viaxan todas as persoas que sopran dende terra para que o vento nos leve até Gaza. Que os gobernos comprendan que a maior parte da pasaxe da Flotilla non está nos barcos senon en terra é o noso máis poderoso instrumento de presión.”

Comments

Dejar una respuesta

*

Apoio á II Flotilla da Liberdade

Asina Aqui

As persoas que asinamos este escrito queremos manifestar o noso apoio á Flotilla da Liberdade II que en xuño zarpará rumbo a Gaza con axuda humanitária para a castigada populación da Faixa e o propósito de romper o criminal bloqueo a que a ten sometida Israel. O carácter pacífico desta iniciativa internacional e a legalidade do seu obxectivo deberian ser razóns suficientes para garantir a seguridade das persoas e os bens que viaxarán a bordo dos 15 buques que está previsto formen a frota.
Ler máis

"Por qué deste blogue?"

O BDS-Galiza está formado por diferentes colectivos galegos que teñen como obxectivo común traballar polo "Boicote, os desinvestimentos e as sancións a Israel". Aquí tentamos agrupar toda a info dispoñible para todas aqueles persoas e/ou colectivos galegos que concorden cos nosos propósitos.

Podedes ler o manifesto fundacional da Campaña BDS Mundial