Non á diplomacia “suxa” - Permitide viaxar á flotilla de Gaza

Publicado por o Quarta-feira, 6 de Julho de 2011

Anuncio do Partido Verde Grego o sábado

Nós, como Ecoloxistas Verdes, estamos preocupados, ao ver como o goberno ven sendo continuamente despoxado das súas características de goberno democrático e adoptan comportamentos que remiten a reximes totalitarios. Represión descarada e violencia durante a votación do programa de rescate o vernes da semana pasada na praza Syntagma e o Sábado, nunca escoitaido nun país europeo, o decreto de detención de barcos con destino a Gaza, forzando ao barco da misión americana a voltar ás costas, mostra o deterioro da política gubernamental

É inaceptábel prohibir e impedir que barcos nunha misión pacífica e humanitaria tratando de enmendar un crime perpetrado durante anos as expensas dos palestinos excluidos en Gaza.
É como impoñer un toque de queda sobre aqueles que tratan de protestar na praza Syntagma.
Sentímonos avergoñados perante este goberno que perpetra unha venda masiva de bens e servizos públicos e que agora parece non resistir as presións do Goberno de Israel, realizando o traballo sucio en territorio grego.
Esiximos respostas:
Cal é a xustificación legal desta decisión baixo a Lei do Mar ou calquer outra lei europea? Que liña de pensamento lexitima deter un navío cunha misión humanitaria nun país europeo? Dende cando o dereito de libre movemento de persoas en Europa poda ser restrinxido por un decreto ministerial?
Preguntámonos:
En que país democrático as Forzas Armadas obrigan a un barco con bandeira americana que navegada a unhas poucas millas da costa a deter a súa viaxe e voltar?
In which democratic state, army Special Forces are forcing a US flagged ship at sea a few miles out from Perama to stop its journey and return?
Dende cando as augas territorias de Israel inclúen Grecia?

Comments

Dejar una respuesta

You must be logged in to post a comment.

Apoio á II Flotilla da Liberdade

Asina Aqui

As persoas que asinamos este escrito queremos manifestar o noso apoio á Flotilla da Liberdade II que en xuño zarpará rumbo a Gaza con axuda humanitária para a castigada populación da Faixa e o propósito de romper o criminal bloqueo a que a ten sometida Israel. O carácter pacífico desta iniciativa internacional e a legalidade do seu obxectivo deberian ser razóns suficientes para garantir a seguridade das persoas e os bens que viaxarán a bordo dos 15 buques que está previsto formen a frota.
Ler máis

"Por qué deste blogue?"

O BDS-Galiza está formado por diferentes colectivos galegos que teñen como obxectivo común traballar polo "Boicote, os desinvestimentos e as sancións a Israel". Aquí tentamos agrupar toda a info dispoñible para todas aqueles persoas e/ou colectivos galegos que concorden cos nosos propósitos.

Podedes ler o manifesto fundacional da Campaña BDS Mundial