O BNG diríxese á Ministra de Exteriores para demandarlle a liberación do “Gernika” retido en Grecia

Publicado por o Segunda-feira, 4 de Julho de 2011

Madrid, 4 Xullo. Os parlamentares do BNG, Francisco Jorquera e Olaia Fernández Davila, realizaron diversas xestións perante a Ministra de Asuntos Exteriores para demandarlle a adopción de medidas destinadas á liberación do buque “Gernika” retido pola forza en Grecia.

No “Gernika” viaxan cidadáns españois e galegos e forma parte da II Flotilla da Liberdade dentro da Campaña Rumbo a Gaza. O obxectivo da misión é claramente humanitario para poder asistir á atormentada poboción palestina que habita en Gaza.

Ademáis de contactos telefónicos, o BNG, conxuntamente con IU-ICV e ERC, dirixiu unha carta urxente á MInistra de Exteriores para denunciar que un pais membro da UE como é Grecia está a conculcar o Acordo de Schengen en vigor desde 1.995 e que estabelece a creación dunha zona de libre circulación coa supresión de fronteiras comúns entre os países firmantes. O “Gernika” foi retido en Grecia pola armada e membros da policía grega, e está rodeado por barcos do exército grego.

Na misiva enviada a Trinidad Jiménez sinalan que “a ninguén se lle escapa a difícil situación económica pola que atravesa Grecia, non só sometida ás presións da UE e organismos financeiros, senón, tamén neste caso, sometida ás presións de Israel que logrou que o “Gernika” permaneza secuestrado no pais grego”.

Precisamente, remarcan, a situación xerada lévanos a perguntarnos “qué xestións está a facer o Ministerio ante as autoridades gregas que reteñen pola forza a un barco con cidadáns do Estado español, qué medidas está a adoptar o Goberno para garantir a liberdade de movemento á que teñen dereito, e qué actuacións está a levar a cabo ante as autoridades israelíes para que se garanta a seguridade dos participantes na II Flotilla a Gaza”.

Reclaman información e actuacións urxentes xa que “a situación así o require”.

Fonte: http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/global/contidos/novas/portada/nova_1967.html?uri=%2FBNG%2Fglobal%2Fseccions%2Fportada%2Findex.html

Comments

Dejar una respuesta

You must be logged in to post a comment.

Apoio á II Flotilla da Liberdade

Asina Aqui

As persoas que asinamos este escrito queremos manifestar o noso apoio á Flotilla da Liberdade II que en xuño zarpará rumbo a Gaza con axuda humanitária para a castigada populación da Faixa e o propósito de romper o criminal bloqueo a que a ten sometida Israel. O carácter pacífico desta iniciativa internacional e a legalidade do seu obxectivo deberian ser razóns suficientes para garantir a seguridade das persoas e os bens que viaxarán a bordo dos 15 buques que está previsto formen a frota.
Ler máis

"Por qué deste blogue?"

O BDS-Galiza está formado por diferentes colectivos galegos que teñen como obxectivo común traballar polo "Boicote, os desinvestimentos e as sancións a Israel". Aquí tentamos agrupar toda a info dispoñible para todas aqueles persoas e/ou colectivos galegos que concorden cos nosos propósitos.

Podedes ler o manifesto fundacional da Campaña BDS Mundial