Ocupando a embaixada española en Atenas

Publicado por o Terça-feira, 5 de Julho de 2011

Varias activistas de Rumbo a Gaza (entre elas, varias das compañeiras galegas de BDS-Galiza) acaban de ocupar a embaixada española en Atenas. Ante os acontecementos dos últimos días co decreto grego que prohibe a saída dos barcos da II Flotilla da Liberdade, e ante a pasividade do Goberno Español ante unha violación do dereito comunitario como é a delimitación do espazo Schengen para os activistas, a decisión da expedición foi pecharse na embaixada española á espera de ter noticias do goberno e de algunha declaración institucional…

 

Comments

Dejar una respuesta

*

Apoio á II Flotilla da Liberdade

Asina Aqui

As persoas que asinamos este escrito queremos manifestar o noso apoio á Flotilla da Liberdade II que en xuño zarpará rumbo a Gaza con axuda humanitária para a castigada populación da Faixa e o propósito de romper o criminal bloqueo a que a ten sometida Israel. O carácter pacífico desta iniciativa internacional e a legalidade do seu obxectivo deberian ser razóns suficientes para garantir a seguridade das persoas e os bens que viaxarán a bordo dos 15 buques que está previsto formen a frota.
Ler máis

"Por qué deste blogue?"

O BDS-Galiza está formado por diferentes colectivos galegos que teñen como obxectivo común traballar polo "Boicote, os desinvestimentos e as sancións a Israel". Aquí tentamos agrupar toda a info dispoñible para todas aqueles persoas e/ou colectivos galegos que concorden cos nosos propósitos.

Podedes ler o manifesto fundacional da Campaña BDS Mundial