Rumbo a Gaza comeza unha folga de fame ata que o ‘Gernika’ sexa liberado
Publicado por admin o Sábado, 9 de Julho de 2011
Seis das persoas que ocupan a Embaixada española en Grecia, entre elas dúas persoas galegas, comezan o luns esta protesta ante o silencio do Ministerio de Asuntos Exteriores
Atenas, 9 de xullo de 2011.-Varias activistas de Rumbo a Gaza que ocupan dende o pasado martes a Embaixada española en Atenas comezarán o luns unha folga de fame que se prolongará ata que a súa petición de que o barco da campaña, o ‘Gernika’, poida navegar libremente polas augas do Mediterráneo.
Esta iniciativa xorde ante o silencio do Ministerio de Asuntos Exteriores fronte á reclamación de Rumbo a Gaza. En concreto, as persoas que comezarán a folga de fame serán as galegas Elvira Souto e Antón Gómez-Reino (Tone), ademáis de outros catro activistas do resto do estado: Diego Cañamero, Miguel San Miguel, Mikel Zuloaga e Rafael Palacios.
Cabe lembrar que o ‘Gernika’ cumpre tódolos requisitos legais, así como a súa tripulación e pasaxe.
Rumbo a Gaza ocupou a Embaixada española en Grecia o martes en protesta pola orde ilegal do Goberno greco de inmovilizar á II Flotilla da Liberdade, entre eles o ‘Gernika’. Nese barco ían a embarcar 45 persoas procedentes de todo o estado español.
O obxectivo de Rumbo a Gaza e da Flotilla da Liberdade segue sendo zarpar para romper e poñer fin ao bloqueo ilegal israelí da Franxa de Gaza.
Dende o peche na Embaixada, o grupo de persoas que iniciará a folga de fame ten feito chegar o seguinte escrito, no que explican os motivos da súa decisión:
“As persoas da iniciativa Rumbo a Gaza que permanecemos na Embaixada española en Atenas co obxectivo de conseguir a liberación do barco ‘Gernika’, pertencente á II Flotilla da Liberdade e retido no porto Kolymvari, na isla de Creta, declaramos:
Que recibimos a través o embaixador unha comunicación oficial do máis alto nivel dende o Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación na que se nos anuncia a decisión de non adquirir nengún compromiso público relativo á liberación do ‘Gernika’.
A unha petición tan básica, democrática e legal como a de navegar libremente co ‘Gernika’, barco financiado coa aportacións de miles de cidadás e cidadáns do estado español, o Ministerio de Asuntos Exteriores responde cunha declaración autoritaria que revela a súa falta de sensibilidade ante a defensa dos intereses das cidadás e cidadáns do estado español. Ao mesmo tempo, demostra o nulo interés en solucionar a emerxencia humanitaria na que se atopa a poboación palestina, na súa estratexia de apoio ao máis radical do sionismo.
Dende o comezo do peche na delegación diplomática recibimos numerosos apoio dende a sociedade civil e as institucións. Apoios e movilizacións que, sen dúbida, veranse reforzados cando se coñezan as formas autoritarias nas que o goberno do estado responde á súa cidadanía.
Dende aquí, pola nosa parte, manifestamos a nosa intención de permanecer na Embaixada e iniciar unha folga de fame a partires do luns 11 de xullo ás 12:00 horas ata que exista un compromiso firme do Ministerio de Asuntos Exteriores de presionar ao Goberno grego para a posta en liberdade do ‘Gernika’.
Comments
Una Respuesta to “Rumbo a Gaza comeza unha folga de fame ata que o ‘Gernika’ sexa liberado”
Dejar una respuesta
You must be logged in to post a comment.
[...] > BDS-Galiza Rumbo a Gaza comeza unha folga de fame ata que o ‘Gernika’ sexa liberado [...]