Charla de Elvira Souto (BDS-Galiza) nas Xornadas Libertarias da CNT Compostela

Este mércores 26, a partir das 19.30 no local da CNT en Compostela, na rúa García Prieto 24-28, e dentro das Xornadas Libertarias,  Elvira Souto, membro da BDS-Galiza, protagonizará unha charla baixo o tíduo Galiza-Guernika-Gaza.

O BDS está formado por distintos colectivos galegos que teñen como obxectivo traballar polo Boicot, os desinvestimentos e as sancións a Israel mentres non abandonen as prácticas xenocidas con que asolan Palestinna e permitan ao pobo palestiniano gobernar a súa propia vida como pobo e vivir en liberdade no territorio que lles está a ser arrebatado. Elvira Souto presentará esta iniciativa ben como as tribulacións do Gernika, barco que tomou rumbo a Gaza na II Flotilla da Liberdade.

O  xoves 27 será o turno de Silvia Pérez Freire, profesora de Socioloxía na Universidade de Vigo e ex-directora do Centro de Día e Unidade Móbil en Prostitución da Asociación Alecrín en Vigo, quen analizará a industria sexual na Galiza axustándose as experiencias dos homes e as mulleres implicados no fenómeno da prostitución na Galiza. O dramatismo con que as mulleres en prostitución viven a súa realidade e a frivolidade e ociosidade na que se recrean os clientes, mostra como a prostitución na nosa sociedade é máis un síntoma da cultura sexual dominante nas culturas patriarcais e capitalistas.

Finalizarán as xornadas o venres coa presenza do historiador Eliseo Fernández, coa charla “Alfonso Sixto e a folga do siquiátrico de Conxo”.

Fonte: www.cntgaliza.org

Deixar uma resposta