Santiago Alba Rico “As primaveras árabes como disparador”

BDS-Galiza, Fuga em Rede e a Rede Robin Hood organizarán o día  26 de outubro ás 20 horas, na Galería Sargadelos de A Coruña, unha conferencia encontro con Santiago Alba Rico que levará por tíduo “As primaveras árabes como disparador. Sociedades civís esixindo democracia”.

En decembro de 2010 a inmolación de Mohamed Bouazizi foi o xesto definitivo, o ‘basta xa!’ declinado de forma colectiva que lanzou a rúa a miles de persoas na Tunisia demandando un cambio de réxime político e social no pais do norte da África. O efecto dominó que tivo este xesto, funcionou como catalizador das esixencias de transformacións sociais progresivas e democráticas que puidemos ver a viver primeiro nos paises árabes, despois na Europa e agora, após o 15O a semella que a escala Global.

Un berro coral que está transformándose, tanto nos paises árabes como no resto de xeografías planetarias, en vontade real de construir ferramentas que posibiliten novas formas de democracia, de organización social. De cara as institucións actuais, a esixencia de democracia real e de unha mudanza radical do sistema político e social dominante son claras e meridianas.

Máis complexas son as liñas de tensión de maior calado dentro dos propios movementos sociais (movementos sociais diversos, 15M, etc..).

Probablemente unha domina as discusións presentes. A existente entre quenes abogan por explorar novas vías de representación no marco da política institucional e aqueles que dentro dos movementos con percorrido ou de novo cuño, luitan por abrir espazos de Autonomía ao marxen do modelo de explotación capitalista e as súas institucións.

Santiago Alba, fará unha exposición sobre o como e o porqué das Primaveras Árabes, cara a onde poden camiñar na altura, cal pode ser o seu futuro. Haberá espazo tamén, sen dúvida, para ollar o presente do estado, do pais, da cidade e preguntarnos cales poden ser os camiños aqui, para continuar os movementos de demanda e transformación que nos últimos tempos todxs damos en habitar. Santiago Alba Rico, escritor, ensaísta, filósofo e activista político e social.

Guionista de La Bola de Cristal, entre 1984 e 1988. Licenciado en Filosofía na Universidad Complutense de Madrid. Con un longo percorrido como intelectual comprometido coas transformacións sociais de progreso, ten publicado numerosos libros sobre disciplinas como filosofía, antropoloxía e política. Colabora como redactor en revistas e medios de comunicación, como Público, Gara, Renderén, Archipiélago, Cuadernos de crítica de la cultura, LDNM, Comité de Solidaridad con la Causa Árabe ou Rebelión. Traduciu ao castelán autores en lingua árabe, como o poeta exipcio Naguib Surur ou o escritor iraquí Mohamed Judayr. Amplo coñecedor da realidade árabe, viviu moitos anos en Exipto e actualmente reside en Tunisia desde onde participou activamente e analizou o nacemento e evolución das chamadas ‘Primaveras árabes’.

Aqui vai, unha escolma de algunhas das súas publicacións:

El naufragio del hombre (2010, xunto a Carlos Fernández Liria). Noticias (2010). Capitalismo y nihilismo (2007). Leer con niños (2007). Medios violentos. Palabras e imágenes para la guerra (2007, xunto a Pascual Serrano). Vendrá la realidad y nos encontrará dormidos. Partes de guerra y prosas de resistencia (2006). Iraq, un cuento para niños (2002),e-book. Torres más altas (2003). El islam jacobino (2002), xunto a Mohammed Arkoun e Javier Barreda). ¡Viva la CIA! ¡Viva la economía! (2003). Crímenes de guerra (2003, xunto a Paz de Andrés Sáenz de Santamaría e Javier Couso Permuy). La Ciudad intangible (ensayo sobre el fin del neolítico) (2001). ¡Viva el mal! ¡Viva el capital! (2001). El mundo incompleto. Un cuento sobre la creación y los autores (1999). Las reglas del caos. Apuntes para una antropología del mercado (1995, finalista do Premio Anagrama de ensaio). Volver a pensar (1989, xunto a Carlos Fernández Liria). Dejar de pensar (1986, xunto a Carlos Fernández Liria). Participou no libro Washington contra el mundo (Foca, Madrid, 2003) e no guión do documental Bagdad Rap (Arturo Cisneros, 2005).

Ligazón a súa columna diaria de verán no xornal Público. http://blogs.publico.es/libre/author/salbarico/

Fonte: www.rebelión.org

 

One comment

  1. Santiago Alba Rico: “As primaveiras árabes como disparador” diz:

    [...] Santiago Alba Rico: “As primaveiras árabes como disparador” http://www.bds-galiza.org/2011/10/santiago-alba-rico-as-primaveiras…  por punkigz hai 3 segundos [...]

Deixar uma resposta