A Universidade galega acolle representantes do sionismo

As universidades de Vigo e de Compostela, teñen previsto acoller o martes 15 e mércores 16 respectivamente, duas palestras a cargo de Lior Haiat, voceiro da embaixada de Israel no estado español.

A charla da Universidade de Vigo “celebraríase” no salón da Facultade de Económicas o martes 15 ás 12 horas, baixo o tíduo de “25 anos de relacións diplomáticas España-Israel”. En canto á da Universidade de Compostela sería o mércores 16 ás 11 da mañán, na Facultade de Comunicación  baixo o “suxerente” tíduo de “Estado palestino sí, pero así non”.

Dende a BDS-Galiza, animamos a todos aqueles que se sintan ofendidos pola presenza deste representante do sionismo, a que se acheguen a estas charlas, para amosar o seu rexeitamento á utilización da universidade galega como trampolín para a propaganda de  lavado de cara que o estado de Israel pretende difundir por todo o mundo, tratando de agochar a realidade da ocupación ilegal, e o apartheid ao que está sometida a poboación palestina.

Incluímos a  carta ao  Decano da Facultade de CC.EE. e EE. da Universidade de Vigo, e a sua resposta , así como a carta ao profesor Xosé López García,organizador do acto en Compostela.

One comment

  1. BDS Galiza convoca concentraçons contra palestras do embaixador israelita na Galiza diz:

    [...] BDS Galiza convoca concentraçons contra palestras do embaixador israelita na Galiza http://www.bds-galiza.org/2011/11/a-universidade-galega-acolle-repr…  por tximbalee hai 3 segundos [...]