Exito da BDS na Universidade de Sevilla. Cancelada charla de Ben Ami

Mentras nas universidades galegas concédeselles espazos para a propaganda sionista, dende Andalucía e a traverso se Inés Castellano (de Sevilla-Palestina) chegan, unha vez máis, fantásticas noticias, un novo éxito para o boicote na facultade de Empresariais de Sevilla. Ben Ami non veu!.

Cancelada a conferencia do Sr. Shlomo Ben Ami, no “International Student Forum”, que se celebraba na Fac. Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Sevilla o venres 11 Novembro.
O Ex-embaixador de Israel en España e ex-ministro de exteriores do Estado terrorista de Israel que participou nas conversacións “de paz” de Camp Davis decidiu, a última hora, non presentarse á conferencia que estaba organizada sobre o espertar árabe na Facultade de Económicas, por motivos de “seguridade”, alegando que horas antes da conferencia, a policía detectara movementos nas redes sociais que anunciaban protestas contra o diplomático israelí.
O noso éxito fíxose real antes mesmo da acción preparada e a pesar da pouca difusión que se lle deu a tal acción debido á falta de tempo.
No entanto, a pesar da ausencia de Ben Ami, a acción de boicot seguiu o seu curso porque a conferencia celebrouse. Con outro relatores pero cun discurso sionista de igual maneira. Así, algúns dos asistentes foron levantándose aleatoriamente ao longo da conferencia mostrando mensaxes do tipo: “Sionismo =terrorismo”, “Stop the occupatio now”, ou “Palestina somos todos”, ían abandonando o salón onde se celebrou o acto. Algúns mesmo, gritaron consignas antes de saír: “Non é conflito, é ocupación”, “Non hai diálogo posible co agresor”, ou “Israel estado terrorista”. Fíxose tamén unha crítica explícita e pública á organización do evento empresa ISA) e á Ou.S por ceder as súas instalacións para un evento sionista.
Foi sen dúbida un éxito rotundo, ao comprobar como os relatores foron interrompidos constantemente impedindo dar a charla con continuidade. Mostráronse nerviosos e confundidos e os asistentes desorientados.
Temos que pedir desculpas pola falta de imaxes ou vídeos da acción. Houbo algúns problemas e non se puido gravar, pero non por iso foi menos importante.
Non podemos permitir, desde a Univerisdad especialmente, que este tipo de personaxes veñan á nosa casa a mentir, manipular e seguir lexitimando a un Estado ilegal que non coñece outra vía mais que a do horror e os crimes.

            Isto compañeiros, debe darnos aínda máis forza e determinación para continuar no camiño do boicot académico e a todos os niveis. E para todos aqueles que seguen pensando que as nosas voces non serven de nada fronte aos podersoso, demostrarlles unha vez máis que si, que é posible e que cremos no boicot como ferramenta de acción política que pode aglutinar a persoas moi diversas, pero interesadas máis no que as une que no que as separa. Para nós, esta campaña é o mellor camiño para destrabar a actual situación de xenocidio e ignorancia. Ademais, dado que o ?problema palestino? é unha consecuencia das accións das potencias occidentais, todas e todos debemos colaborar para que se chegue a unha solución xusta e humana. Necesitamos que neste boicot participe o maior número de persoas posibles, pois niso radica a forza desta arma non-violenta.
Pon o boicot na túa vida, e na de moitas persoas.

ÁNIMO COMPAÑEIROS!
BOICOT A ISRAEL!

 

Comments are closed.