Encontro con Santiago Alba- A Coruña

“Nun mundo onde as sorpresas parecían xa descartadas ou só aparecían en forma de sobresalto, un acontecemento abraiante obriga-nos a deixar a un lado os moldes nos que até agora víñamos encaixando, máis ou menos cómodamente, as nosas análises: as primeiras revolucions populares dun siglo que se anuncia moi convulso teñen estourado, de súpeto, na rexión máis inesperada…”

 

Con estas palabras poderíamos marcar o ponto de partida do que foi o encontro/palestra do passado mércores día 26 na Coruña, con Santiago Alba Rico, organizado por BDS-Galiza, Fuga em rede e a Rede Robin Hood.

Intelectual comprometido e activista polos dereitos do pobo palestino, Santiago abriu un debate de máis de dúas horas no que a actualidade dos paises árabes e a emerxencia de novas reivindicacións populares no arco mediterraneo, foron o inicio de unha palestra que describiu con minuciosidade as revoltas da chamada primavera árabe. Pero tamén houvo tempo para falar da realidade da Libia, ou dos movementos de indignación que percorren o planeta.

Aquí deixamos os enlaces de galizacontrainfo.org onde podedes ver os videos da charla.

http://galizacontrainfo.org/charla-de-santiago-alba-rico-sobre-revolu%C3%A7ons-no-mundo-%C3%A1rabe-i

http://galizacontrainfo.org/charla-de-santiago-alba-rico-sobre-revolu%C3%A7ons-no-mundo-%C3%A1rabe-ii

 

 

 

Comments are closed.