Israel “conxela” o derrube dunha planta fotovoltaica en Hebrón

Fonte: Diario Público

Un departamento da Administración militar israelí nos territorios ocupados palestinos (Cogat) anunciou que decidiu “conxelar” a demolición dunha planta fotovoltaica que se está construíndo no sur de Cisxordania con axuda española e coa que se pretende prover de electricidade a uns 400 palestinos do sur de Hebrón.

O Cogat informou da súa decisión a Axéncia Efe mediante un comunicado no que aseguraba que se adoptou “por mor dunha petición española” e “ex gratia”, é dicir como un xesto de boa vontade cara a España.

A decisión coñécese un día despois de que Público publicase unha reportaxe sobre o incerto futuro da planta fotovoltaica. Tras unha protesta da Embaixada israelí en Madrid, na que se aseguraba que a planta non se ía a demoler, este diario púxose en contacto co Consulado de España en Xerusalén e coa Axencia Española de Cooperación Internacional, que dixeron que non tiñan coñecemento da orde de deter a derriba.

Unhas horas despois, o Cogat enviou o seu comunicado. O cónsul xeral de España, Alfonso Portabales, pedira ás autoridades militares que reconsiderasen a demolición o pasado 26 de outubro, pero as autoridades militares rexeitaron as 39 alegacións que se presentaron contra a demolición.

As autoridades militares dixeron entón que a planta se construíu sen a debida “coordinación” nin os permisos necesarios, uns permisos que Israel dá con contagotas pero que son imprescindibles para construír na área C dos territorios ocupados palestinos.

Comments are closed.