“Ondas de Liberdade” achéganse a Gaza

Fonte:www.tahir.ca

O barco canadense Tahrir e o barco irlandés Saoirse alcanzaron exitosamente augas internacionais, marcando o inicio da campaña  Ondas de Liberdade cara a Gaza. Os barcos están actualmente no Mar mediterráneo, preparados para navegar cara Gaza dentro de poucas  horas.

“Brotadas  da Flotillas de Liberdade, as Ondas de Liberdade a Gaza son agora o camiño”, dixo o organizador de Canadian Boat to  Gaza,  Ehab Lotayef  a bordo do Tahrir. Dentro desta iniciativa de cidadáns atópanse persoas de Australia, Paelstina e EUA. “Agora estamos en augas internacionais, e esperamos chegar a costa palestina en cuestión de días. Temos como obstáculos ao exército israelí e a complicidade do goberno de Harper , pero temos o vento da opinión pública soprando ao noso favor, o cal nos fortalece no desexo de romper o bloqueo ao que ven sometidos un millón e medio de habitantes de Gaza”.

“O feito que  alcanzásemos as augas internacionais é outra vitoria para o movemento”, di David Heap tripulante do Tahrir. “A pesar da chantaxe económica, a pesar da  ampliación a Grecia do bloqueo, a pesar de ser abordados  polo Guardacostas grego, e a pesar de que Israel mobilizou unha porción significativa da súa armada para pararnos,  estamos agora máis preto que nunca de chegar a Gaza, rompendo o bloqueo, e “ocupando” a ocupación”.

“Os palestinos que viven en Gaza quere solidariedade non caridade, e dixeron claramente ao mundo que a súa prioridade é a liberdade. Aínda que a axuda humanitaria é útil, os gazatís son prisioneiros  sen liberdade de movemento”, Engade Lotayef. “O bloqueo ilegal de Israel  impide non só  importacións a Gaza, senón tamen que Gaza exporte. E o bloqueo evita a liberdade de movementos entre palestinos de Gaza e de Cisxordania, en violación de dereitos humanos fundamentais”.

A iniciativa Ondas de Liberdade cara a Gaza é un movemento civil non-violento, que ten como obxectivo desafiar o bloqueo israelí de Gaza. Abordo do Tahir atópanse ademais dos activistas, medios de comunicación como Al Jazeera e Democracy Now.

“Mentras levamos mediciaas de primeira necesidade o noso obxectivo fundamental é axudar aos  palestinos a liberar a Gaza de ser esa gran prisión ao aire libre. Hai unha famosa canción protesta que no seu refrán di “quen cre na liberdade non debe descansar”, así que seguiremos pelexando ata que o bloqueo ilegal a Gaza finalice e  os palestinos sexan libres”.

Pódense ver declaracións de activistas de “Ondas da Liberdade” na web de Democracy now.

 

Comments are closed.