Os novos “xinetes da liberdade” enfrótanse á segregación Israelí

Este martes, os activistas palestinos planean utilizar o transporte público segregacionista israelí desde o interior de Cisxordania cara a Xerusalem, nun acto de desobediencia  civil inspirada nos Xinetes de Liberdade dos EUA, Movemento de Dereitos Civís de 1960, segundo anunciou un grupo de dereitos humanos en Palestina.

Cincuenta anos despois de que os Xinetes da  Liberdade de EUA escenificasen rotas  de autobús mixtas a través das estradas do segregado Sur americano, Xinetes de Liberdade palestina afirmarán o seu dereito á liberdade e a dignidade interrompendo o réxime de ocupación militar a través de desobediencia civil pacífica.

“Os Xinetes de Liberdade buscan pór en coñecemento a separación ilegal de Jerusalem Este do resto de Cisxordania e o sistema de apartheid que Israel impuxo aos palestinos nos territorios ocupados. Varias compañías israelís, entre eles Egged e Veolia, operan ducias de liñas que van da Cisxordania ocupada a Jerusalem Lestes moitos delas subvencionadas polo estado”, dixo o Comité de Coordinación de Loita Popular nunha nota de prensa.

“Conectan diferentes asentamentos israelís entre eles, e con outras cidades dentro de Israel.. Algúns conentan Xerusalem con cidades do  interior de Israel, como Eilat e Beit She’An, que tamén son ruta para pasar a Cisxordania”.

Segundo o grupo humanitario, os israelís apenas teñen ningunha limitación na súa liberdade de movemento no territorio palestino ocupado, e mesmo se lle permite asentarse nel, contrariamente a lei internacional.

“Aos palestinos, en contraste, non se lles permite introducirse en Israel sen obter previamente un permiso especial das autoridades israelís”,  engadiu o comité. “Incluso o movemento palestino dentro dos terrotorios ocupados está fortemente limitado,  acceder ao Jerusalem Este ocupado  e a algunhas zonas do 8% da fronteira de Cisxordania  está prohibido sen un permiso especial.

Aínda que non está oficialmente prohibido para os palestinos  utilizar transporte público israelí en Cisxordania, estas liñas son eficaces na segregación,xa que moitas delas pasan a través de asentamentos xudeus , nos  que a entrada aos palestinos está prohibida por un decreto militar.

Fonte: http://bikyamasr.com/47788/freedom-riders-take-on-israeli-segregation/

Comments are closed.