Resultado dos “bolos” de Lior Haiat

O voceiro da embaixa de Israel, Lior Haiat, rematou a sua visita a Galiza con tristes resultados. Os actos da BDS-Galiza acadaron un éxito monumental.

O martes, Haiat visitou Vigo. Tratou de realizar unha “charla coloquio” na Facultade de CC.EE e EE., baixo o tiduo de “25 anos de relacións España Israel”. O éxito da sua convocatoria quedouse en tres asistentes (contando os organizadores) e máis de trinta manifestantes que reclamaron a suspensión do acto propagandístico do sionismo. Acadouse a suspensión e Haiat utilizou a mesma porta de entrada para sair, sen poder realizar ningún lavado de cara do apartheid palestino.

Pola tarde tiña previsto realizar unha charla na Galería Sargadelos de Vigo. Ante as convocatorias de protesta, AGAI deciciú cancelar dita convocatoria e según parece, utilizar un cuarto de hotel para realizar a charla.

O mércores na Facultade de Ciencias de la Información, o éxito da convocatoria de Lior Haiat foi moito maior que en Vigo. Corenta persoas acribilláronlle a comentarios e preguntas antisionistas, ate o punto de que o señor Lior chegou a dizer que “España, 500 anos despois, segue a ser antisemita”. A BDS-Galiza aproveitou o acto para reaprtir información entre o estudantado compostelán. Neste caso o obxetivo non era a cancelación, posto que a universidade de Compostela, ten previsto, (ao contrario que a de Vigo), convidar a próxima semán a unha persoa pro-palestina.

Ás tres da tarde Haiat tiña en axenda o último “bolo”. Unha conferencia no colexio maior “La Estila”. Á vista do curioso esceario e o humillante horario, BDS-Galiza decidiú que a conferencia xa era un autoboicote por parte dos asesores do portavoz da embaixada, e mantívose a marxe.

BDS-Galiza segue dando pasiños curtos pero cara adiante na procura nunha nova Palestina, que é posible.

One comment

  1. Resultado dos “bolos” de Lior Haiat diz:

    [...] Resultado dos “bolos” de Lior Haiat http://www.bds-galiza.org/2011/11/resultado-dos-bolos-de-lior-haiat/  por tolocan hai 3 segundos [...]