A Apalpadora visitou o centro comercial Fontiñas pra lembrar ás crianzas palestinas

O Apalpador (en realidade Apalpadora) saiu o 30 de decembro en Compostela para lembrar os vulnerados e esquecidos dereitos das nenas e os nenos de Palestina. Foi no centro comercial da Área Central das Fontiñas e ía acompañada de 12 activistas BDS-Galiza, que repartiron información sobre as dramáticas consecuencias que a ocupación militar de Israel e os constantes bombardeamentos de Gaza, co seu corolario de demolición de casas, detencións brutais, malos tratos, contaminación da terra e a auga, falta de escolas, etc. ten nas vidas das crianzas palestinas, as primeiras e mais vulnerábeis vítimas da agresión sionista.

 No documento, BDS-Galiza informa tamén das propostas feitas a Imaginarium, unha firma que se orgulla de alicerzar a sua acción empresarial  en principios éticos, para que cancele as relacións que aunen a empresas israelitas cómplices destes crimes. Propostas ás que, até o momento, Imaginarium non respondeu.

One comment

  1. A Apalpadora visitou o Fontiñas para lembrar ás crianzas palestinas diz:

    [...] de aquí.   © Baixo licencia Creative Comons 2012 — Liga Estudantil [...]