A poboación palestina devolve a un militar israelí “esquecido” durante unhas manobras en Ramallah

O Exército israelí “esqueceu” un soldado durante unha operación preto de Ramallah no territorio ocupado de Cisxordania, e puido recuperalo grazas aos palestinos.   As forzas israelís interviñeron o mércores a bordo dun convoi nunha aldea situada ao norte de Ramallah, e retiráronse esquecendo a un militar no lugar.   Segundo os medios israelís, os palestinos do poboado rodearon ao militar e tranquilizárono, logo acompañárono até un posto militar israelí onde puido reunirse cos oficiais da súa unidade que foran advertidos do incidente.   Un portavoz da institución castrense confirmou que “un soldado quedou illado da súa unidade o mércores en Cisxordania”, e indicou que se iniciou unha investigación.

Fonte: Mesa Redonda

Comments are closed.