Concentración o día 11 ante o concerto de Idan Raichel en Compostela

Idan Raichel coas tropas israelíes

BDS-Galiza concentrárase o sábado día 11 diante do Auditorio de Galiza en Compostela, a partires das 19.30, en repulsa á presenza do músico sionista Idan Rachel. A concentración tentará ser o máis festiva posible, polo que esperamos que todos aqueles que se unan á protesta traian a sua capcidade artística (instrumental, teatral, lúdica…) para entre todas unirnos á festa contra a limpeza étnica.

Este é Idan Raichel, autoproclamado “orgulloso embaixador de Israel”: membro do consello consultivo do organismo de propaganda do estado do apartheid (CCPF), defensor activo de asentamentos de colonos en territorio palestino en cuxo beneficio actúa, colaborador entusiasta das tropas sionistas ás que animou coa súa música durante a matanza da operación Chumbo Derretido, crítico acerbo do/as xoves que se negan a servir no exército de ocupación, “o mais baixo da sociedade israelita ”segundo as súas palabras.

Os seus concertos, promocionados polo Ministerio de Asuntos Exteriores, forman parte da campaña oficial “Brand Israel”, unha iniciativa con que o estado sionista tenta disfarzar a cruel realidade da ocupación, o racismo, a limpeza étnica a que somete o pobo palestino.

Idan Raichel actuará no Auditorio de Galiza o próximo sábado día 11 às 21:00 horas no marco do programa “Sons” patrocinado polo Concello de Compostela.

BDS-Galiza estará ali para mostrar o seu repudio á política de colaboración co rexime do apartheid e a limpeza étnica.

3 comments

  1. Concentración o día 11 no Auditorio de Galiza ante a presenza de artista sionista diz:

    [...] Concentración o día 11 no Auditorio de Galiza ante a presenza de artista sionista http://www.bds-galiza.org/2012/02/concentracion-o-dia-11-fronte-o-c…  por Bletxu hai 5 segundos [...]

  2. Candidatura do Povo apoia a concentración contra a presenza de Idan Rachel na cidade | candidaturadopovo diz:

    [...] todos estes motivos, o próximo sábado 11 de febreiro a partir das 19:30 h. participaremos na concentración convocada por BDS-Galiza ante o Auditório de Galiza e convocaremos á veciñanza a través das redes sociais para [...]

  3. Concentración o día 11 ante o concerto de Idan Raichel en Compostela diz:

    [...] Artigo tirado de aquí. [...]