Segundo The Electronic Intifada, as IDF tentan deter a un neno de dous anos

Fonte: The Electronic Intifada - Traducida ao castelán por palestinalibre.org

Neno palestino tirando pedras contra as IDF

O pasado luns en Kufr Qaddoum, o exército Israelí achandou o fogar de Murad Shtayeh, coordinador do comité de resistencia popular local. Non lle buscaban a el, senón ao seu fillo, Mo’men, de 2 anos e medio de idade.

Aparentemente, o neno representa un perigo para a seguridade de Israel. En poder do infante, clamaban os soldados, atopábase nin máis nin menos que unha fonda para lanzar pedras. Unha arma sumamente daniña en mans dun neno desa idade.

O incrible incidente sucedeu o Luns 2 de Abril, ás 17:30, cando catro soldados entraron repentinamente ao fogar de Murad ameazando con arrestar a Mo’men. Dous soldados percorreron o fogar buscando ao neno, mentres outros dous custodiaban a entrada.

Os soldados insistiron en que o mozo lles entregase a fonda pois, argumentaron, usábaa para apuntarlles. Aínda máis, esixiron que se lles entregase ao neno. Bashar Shtayeh, familiar de Murad atopábase no lugar: “Os soldados entraron e apuntaron as súas armas á familia completa, ameazando con quedar na casa se non lles entragaba a Mo’men”. Murad, pai de Mo’men indicou: “Mo’men non tiña unha fonda nas súas mans. E aínda se a tivese, que importa?, é un neno”. Unha discusión de media hora levou a cabo entre Murad, outros residentes do pobo e os soldados. Finalmente os soldados deixaron o lugar. O exército ‘máis moral’ do mundo e a cuarta potencia militar mundial, tentara deter a un neno de 2 anos.

Demais está dicir que o mozo quedou aterrorizado pola situación. Murad: “El estaba moi asustado e afectado. Agora está algo mellor”. En Kufr Qaddoum levan a cabo protestas semanais contra a construción do asentamento ilegal de Qedumim, en terras que pertencen ao pobo. A represión do exército Israelí sucede a diario. A historia de Mo’men é unha máis delas. “Isto non nos amedrentará, seguiremos protestando” declarou Murad.

Comments are closed.