BDS-Galiza solicita ao OUFF a retirada de concurso do filme israelí “Room 514″

BDS-Galiza solicitou ao Festival de Cine de Ourense (OUFF), a retirada do filme israelí “Room 514″, ao entender que claramente está seguindo as directrices da campaña “Brand Israel” de propaganda sionista.

Esta é o contido do mail remitido, que ate agora non tivo contestación:

Estimad@s señor@s:

 Desde BDS-Galiza (Boicote, Desinvestimentos e Sancións contra Israel), queremos expresar a nosa enérxica protesta pola presenza dentro do OUFF, do filme israelí “Room 514”.

 Desde o estado de Israel estase a realizar unha campaña de “limpeza de imaxe”, “Brand Israel”, liderada polo ministerio de asuntos exteriores,  e que ten como obxectivo utilizar a cultura para exportar unha visión “idílica” que oculta a realidade da ocupación.  O filme “Room 514”, segue fielmente as directrices marcadas pola campaña. Utiliza unha mensaxe de “boísmo”, no que as novas xeracións israelís ven con malos ollos os abusos contra a poboación palestina, pero tapando a realidade do apartheid, e dándolle rango de normalidade á ocupación da Palestina. Tristemente, e como indica o comentario do blogue do OUFF, claramente se cae nunha trampa: a película non agocha unha dimensión moral e antisistema ao denunciar a permisividade do exército israelí cos abusos dos seus soldados contra os civís palestinos nos Territorios Ocupados”.O que oculta o filme, e deste xeito lexitima, é a ocupación e o bloqueo que sofre o pobo palestino por parte do estado de Israel e do seu exército, ao que en varias ocasións se demostra que tanto a protagonista como  o resto das personaxes, están orgullosas de representar.

 A campaña BDS xurdiu dunha iniciativa civil do pobo palestino e foi medrando no mundo enteiro, como fixo no seu momento a campaña de boicote contra o rexime de apartheid sudafricano.  A sua vertente cultural está a gañar adeptos día tras día, entre os que caben salientar dentro do mundo do cinema a xente como Ken Loach, Meg Ryan, Dustin Hoffman, Mike Leigh, Enma Thompson…

 É realmente lamentable que a equipa encargada da selección dos filmes a concurso, non vise con que tipo de propaganda estaba a colaborar  ao admitir a concurso o filme de Sharom Bar-Ziv, producido pola Israeli Film Fund (o que é o mesmo, con cartos do estado de Israel). Xa é tarde para amañar este desaguisado, mais BDS-Galiza solicita ao OUFF que se una á campaña mundial de boicote cultural contra o apartheid nos Terrritorios Ocupados, suspendendo os próximas pases do filme  e evitando calquera comparecencia propagandística de algún dos seus protagonistas baixo o marco do festival.

Un saúdo,

BDS-Galiza

Comments are closed.