Galiza por Palestina presenta a campaña #impalestinian

Fonte: Galiza por Palestina

Galiza Por Palestina presenta unha fermosa campaña solicitando a cidadanía que amose a sua solidariedade co pobo palestino. Difundimos a explicación da campaña que aparece no seu blogue. 

Galiza por Palestina defende os dereitos do pobo palestino, o dereito de autodeterminación e a ter un estado, o dereito ao regreso dos refuxiados e refuxiadas e á restauración do territorio e propiedade ilegalmente expropiada.

A campaña #impalestinian significa o noso compromiso co pobo palestino.

Desexamos espallar o apoio por todo o mundo e reunir centos de fotografías.

  • Escolle a túa lingua
  • Descarga o cartaz
  • Escribe a túa mensaxe
  • Saca unha fotografía
  • Envíaa a impalestiniancampaign@gmail.com

Queremos agradecer a túa colaboración e apoio. Co envío da túa fotografía concorda cos termos desta campaña e ofrécela libremente a Galiza por Palestina. Estas fotografías poderán ser utilizados para campañas online e outras actividades.

 

Comments are closed.