Unha nova vitoria do Boicot contra o Apartheid sionista: Festival Lollapalooza Israel 2013 é cancelado

Fontes: Hernán Carrasco C, El Dínamo / Coordinadora para el Boicot, Desinversión y Sanciones a Israel - Chile - www.palestinalibre.org

O festival creado por Perry Farrell tiña orzado expanderse até medio oriente, pero houbo de ser cancelado polos organizadores. Logo de anunciar en agosto do ano pasado, a súa expansión a Israel para este ano, o festival Lollapalooza acaba de anunciar que dita edición non poderá ser realizada por motivos non especificados.

Lollapalooza Israel realizaríase entre o 20 e 22 de agosto deste ano no Yarkon Park de Tel Aviv e prevíase que varias das bandas que estarían no Lollapalooza Chicago, chegarán até medio oriente para aquela versión.

O anuncio oficial foi realizado onte a través da páxina de Facebook do evento, onde os organizadores afirmaron que seguen traballando, polo que non se descarta unha posible edición nun futuro. Segundo reporteó o xornal estadounidense LA Times, os organizadores tiveron problemas para conseguir artistas fortes que estivesen dispostos a presentarse nunha zona tan crítica como é Tel Aviv, onde a situación política é inestable e prodúcense bombardeos terroristas de forma habitual.

A iso uníronse certos problemas financeiros que a produción do festival israelí non puido sortear e que se traduciron na cancelación definitiva do evento.

Comments are closed.