É o Macabbi, non os Lakers

Fonte: R. Sánchez Bakaikoa

 

Carta enviada ao Correo español e Diario de Noticias de Álava, e non publicada.

Hai veces que se trata de explicar as cousas planas e non hai forma de que lle entendan a un. Estou a escribir a conta da petición de boicotear a visita do Maccabi a Gasteiz e o rebumbio que se levantou. Que conste que entendo que non se entenda, pero non o comparto, claro.
Hai quen preguntou: E se viñesen os Lakers a Zurbano tamén lles boicoteariamos? Pois non estudei o caso en profundidade, pero se cadra algunha persoa que siga máis aos Lakers, podería responder a estas preguntas:
Cando os EUA tiveron a ben bombardear á poboación civil dalgunha parte do mundo, estiveron os Lakers (como institución refírome) animando aos soldados?.
Puxeron os Lakers na súa páxina web un publireportaje para alentar algo que se considerou como crímen de lesa huminadad nos informes da ONU?.
Se viñesen os Lakers a Zurbano: podería ir eu cunha bandeira iraquí, afgá, palestina, sioux ou cubana, sen que ma quitasen pacíficamente ou a porrazos?.
Se viñesen os Lakers a Zurbano: a CIA ordenaría á Ertzaintza cal debe ser a maneira de “controlar” ese partido (“protocolo de actuación” denomínaselle eufemisticamente) e á afección baskonista, como o fai o Mossad en cada visita do Maccabi?.

Tranquilos é cuestión de tempo, cando se reclamaba o boicot á Sudáfrica do Apartheid, tamén habería xente que diría: ” temos que boicotear aos Springboks (a selección de rugby de Sudáfrica), e se viñesen os San Francisco 49ers (gañadores da Super Bowl en 1982)?.” Pois estuden historia do deporte, a ver que pasaba entón.

Comments are closed.