Carta da exministra fancesa de deportes a Platini. “Non celebren o Euro U-21 en Israel”

Marie-George Buffet, exministra francesa autora da carta a Platini

Sr. presidente,

Tomo a liberdade de dirixirme a V. en relación co proxecto de celebrar a Copa de Europa de Fútbol Sub-21 de 2013 en Israel.

Como bem sabe, este proxecto suscita viva emoción en numerosos deportistas –teño a certeza de que coñece as moitas protestas de fubbolistas- e en xeral na poboación e asociacións que militan pola xustiza e a paz en Israel e Palestina. V. coñece asi mesmo o meu compromiso por facer do deporte unha actividade viva para todos e todas en todos os cantos do planeta, sen esixir a ningún deportista que asine un cheque en branco político.
É portanto en nome desta ética que me gustaría tomar a testemuña desta demanda e pedirlle que a Copa Europea non se celebre en Israel. Sentinme plenamente identificada coa súa intención cando declarou en 2010 que “as medidas que Israel toma en relación ao deporte palestino constituen unha violación das regulamentacións e leis internacionais en vigor” para ser membro da UEFA.
Esta situación, lonxe de ter mellorado perpetúase. Temos que deplorar, por exemplo, a negativa a conceder pases aos atletas palestinos para entrar ou sair dos territorios ocupados, o que impede que pdan participaren competicións. Tamén temos que deplorar os fecuentes arrestos e o encareceramento de numerosos deportistas palestinos. Particularmente grave é o caso do encarceramento sen xustificación do guarda-meta do equipo olímpico palestino, Sr. Omar Abu Rois, e do futbolista de Ramallha, Sr. Mohamed Nmir, así como do Sr. Mahmoud Sarsak, da selección nacional palestina, detido cando se dirixía de Gaza a Ramallah para participar nun partido.
Convirá conmigo, Sr. Presidente e querido amigo, que estas prácticas contra deportistas e contra o dereito dun país a practicar deporte son incompatíveis cos valores en que debe alicerzar unha grande competición internacional.

Non dubido, portanto, que, en nome do deporte e do dereito de todos e todas a practicalo, se mostrará sensíbel ás protestas contra a celebración desta competición en Israel. Sei que podo confiar en que a súa preocupación polo respecto destes principios fará posíbel que se revise o lugar en que se celebrará finalmente a Copa Europea de Fubbol Sub-21.
Agradecendo de antemán a atención que sei prestará a esta demanda, queira recibir, Sr., a expresión dos meus mellores cumprimentos.

Marie-George Buffet

Comments are closed.