O BNG aproba na Asamblea a sua adhesión á campaña BDS

Asamblea do BNG celebrada o día 17 de marzo

Resolución aprobada na Asemblea do BNG
O BNG mantivo sempre umha posición inequivocamente contraria a calquera modo de opresión nacional.
Israel, um estado confesional de orixe multinacional asentado na Palestina, practica unha específica forma de opresión, que denomina sionismo, cuxo obxectivo é a apropriación do territorio e a erradicación do seu pobo mediante sucesivas operacións de limpeza étnica.
A resposta global a esta práctica atroz, contraria ao dereito internacional, cristalizou en 2005 co inicio da campaña BDS (Boicote, Desinvestimento e Sancións a Israel), unha iniciativa civil que visa a restauración dos dereitos do pobo palestino e o cumprimento do dereito internacional.
A Asemblea do BNG adhere a esta iniciativa da sociedade civil contra a opresión sionista, en defensa dos dereitos do pobo palestino e a recuperación do seu territorio e anima tod@s @s militantes a practicaren o boicote non comprando productos etiquetados como “made in Israel” (código de barras 729).

Quizáis che interese...