Dous palestinos mortos a tiros durante unha manifestación o día da Al-Nakba

Fonte: Maan’s News

Manifestantes axudan a Nadim Nuwarah (Foto Maan’s News)

RAMALLAH ( Maan ) - As forzas israelís mataron a tiros a dous xóvenes palestinianos este xoves ao oeste de Ramallah no centro de Cisxordania, durante unha manifestación de protesta que marca o 66 º aniversario da Nakba.

Varias testemuñas e fontes médicas identificaron ás vítimas como Muhammad Audah Abu al- Thahir, de 22 anos e veciño da aldea de Abu Shukheidim e Nadim Siyam Nuwarah da aldea da Al- Mazraa Al-Qibliyya no distrito de Ramallah, de 17 anos.

As vítimas , segundo fontes médicas , recibiron disparos no peito con munición real. Os seus corpos foron evacuados ao Complexo Médico de Ramallah .

Fontes médicas indicaron que ademais tres adolescentes resultaron feridos por balas reais . Un foi alcanzado no peito , outro no pé, e o terceiro na perna. Todos eles atópanse estables.

Ningún portavoz do Exército israelí respondeu de inmediato ás solicitudes de infomación.

Os participantes na manifestación, preto do centro de detención de Ofer, dixeron que querían mostrar a súa solidariedade cos presos palestinos detidos sen xuízo e que están en folga de fame desde hai 22 días.

Os palestinos, a través dos territorios ocupados e noutros lugares, conmemoraban a Nakba (catástrofe) da fundación do Estado de Israel, este xoves .

Durante a Nakba , máis de 760.000 palestinos - hoxe en día estímase que son máis de 5 millóns cos seus descendentes -, fuxiron ou foron expulsados dos seus fogares en 1948.

Comments are closed.