Profesor universitario israelí pide que se viole a mulleres palestinas

Fonte: Alternative News

O insigne erudito israelí, Mordechai Kedar

Mordechai Kedar, profesor de lingua árabe na Universidade de Bar-Ilan, tivo unha brillante idea para acabar co terrorismo de Hamas. Asegura que “o único que pode deter o ataque terrorista de Hamas é capturar ás súas nais e irmás, e violalas”.
Seguindo a teoría do portavoz do exército israelí, Ronie Kaplan, que en recentes declaracións dicía que “hai que deixar de ver Oriente Medio con visión occidental” mentres trataba de justificar o bombardeo a un grupo de nenos nunha praia, o profesor Kedal indicou , “soa moi mal pero isto é Oriente Medio, debes entender a cultura na que vivimos”.

Comments are closed.