“Mañá non hai escola. Xa non hai crianzas en Gaza, olé, olé, olé”

Fonte www.esculca.net

A pesar de as directrices do seu, supostamente secreto, manual de relacións públicas seren claras sobre as metáforas que autoridades e funcionarios deben utilizar para mascarar as políticas xenocidas de Israel, ultimamente militares, académicos e políticos parecen terse fartado da propia hipocrisia e ter decidido falar claro. As bandas sionistas non tardaron en levar as consignas á rua.

Violar as mulleres palestinas, ou acabar directamente con elas, para evitar que poidan conceber fillos guerrilleiros, reclamar o premio Nobel da Paz para o seu exército ou acusar Hamas de lanzar míseis contra a propia poboación e contra os refuxios da ONU para culpar o estado agresor, son algunhas das mais despiedadas manifestacións que nas últimas semanas ofreceron á humanidade os axentes desta organización racista asentada no territorio da Palestina que figura entre os estados do mundo co nome de Israel.

Neste caldo nacen, crecen e engordan alentadas desde os centros do poder as cuadrillas de xoves racistas que, emulando as turbas nazis, claman na rúa por umha máis virulenta limpeza étnica, agriden as manifestación pacifistas e perseguen e atacan as persoa que identifican como palestinas. Todo isto perante a impasibilidade das autoridades e a policía.

Deberíamos dicir que a última destas manifestacións de baixeza colectiva de que participa a maioria da cidadanía de Israel, que aproba en máis dun 80% o masacre de Gaza, chegou a un punto que dificilmente poderá ser ultrapasado. Despois de corearen a berros os seus lemas de odio e morte (entre outros:”Gaza é un cemiterio”), un nutrido grupo de manifestantes acabou entoando polas rúas de Tel-Aviv esta consigna vil:  “Mañá non hai escola. Xa non hai crianzas en Gaza”. “Olé, olé, olé”.

Mais, infelizmente, o sionismo xa deu mostras abondo, demasiadas veces, da súa insuperábel capacidade para provocar horror. Non afirmaremos portanto que non consiga mais unha vez superar as súa propia marca.

Comments are closed.