72 horas para que a FIFA suspenda a Israel

En 72 horas o Congreso da FIFA podería votar suspender a participación de Israel polo seu racismo contra os atletas palestinos. Pero necesítase o voto positivo do 75% dos membros do Congreso para tomar esta decisión. Fagámoslle unha chamada urxente para suspender a participación de Israel até que cese a discriminación.

As propias regras da FIFA prohiben o racismo e consideran ilegal o uso pola forza do solo doutra nación para os partidos, pero a violencia e o racismo de Israel co fútbol palestino non se castiga. Israel preme con forza para convencer á FIFA de rexeitar a solicitude palestina de suspender a Israel. Só precisamos dalgúns votos máis, para que unha ofensiva a gran escala axude a que tomen unha posición firme pola igualdade.


Asina a petición urxente chamando ao Congreso da FIFA de suspender a participación de Israel mentres non respecte o xogo limpo e remate coa discriminación. Rápido! Divulga a petición – literalmente só nos quedan unhas horas para entregarlle a solicitude ao Congreso da FIFA.

Os argumentos a favor da suspensión están claros – Cinco clubs de fútbol israelís están baseados en asentamentos, construídos ilegalmente en terras palestinas, violando as regras da FIFA. Israel tenlle disparado a futbolistas, e as políticas de ocupación racista de Israel quítalles aos palestinos o seu dereito á liberdade de circulación, o que dificulta celebrar partidos dentro de Palestina, e tentar viaxar fóra do país esgota, cando non é imposible.

O Congreso da FIFA suspendeu a Sudáfrica e de Iugoslavia por actos de discriminación. Non hai razón ningunha para tratar a Israel de xeito diferente cando comete as mesmas violacións. As decisións da FIFA axudaron a impulsar que países como Sudáfrica e de Iugoslavia, finalmente, cambiaran as súas políticas – unha suspensión agora podería empurrar a Israel a poner fin tamén á súa discriminación.


Temos só 72 horas para facer un mega petición ASINA a petición á FIFA!!!


A historia tenos mostrado que a inxustiza e a represión chegan a un fin no momento en que se enfrontan con coraxe, e cando se lle mostra aos autores que o racismo non ten cabida neste mundo.

Unha suspensión da FIFA sobre Israel enviará unha forte mensaxe de igualdade que fará máis custosa a opresión e ocupación, e fará a paz unha mellor opción.

 

Quizáis che interese...