O Marianne sae de Messina con Ana Miranda representando a Galiza

Hai breves minutos, o Marianne saleu do porto de Messina cara augas internacionais pra romper o bloqueo e chegar a Gaza nos vindeiros días. Entre o grupo de bravas activistas atópase Ana Miranda, eurodeputada galega (BNG), quen xa fixera o tramo Bueu-Lisboa no Marianne, e quen quixo aumentar o seu compromiso con Palestina embarcando no última tramo do percorrido. Xunto a ela atópanse os  activistas do Reino de España Pablo Miranzo, xornalista e activista de Rumbo a Gaza, Teresa Forcades, teóloga catalá,  e Estefanía Torres, eurodeputada (Podemos).

Ana Miranda foi informándonos dos distintos actos antes da saída do barco, en Messina:

Dia 1 Flotilla da Liberdade Rumbo a Gaza.

Neste día agardando que o barco Marianne chegara a Messina, houbo varias actividades organizadas polas activistas de Freedom Flotilla Sicilia.

Pola tarde de manhà saimos.Asi que as primeiras horas do dia van ser para continuar a formaciòn en resistencia non violenta, rolda de prensa e levantar a àncora.

A singradura a Gaza é unha misión política importante que pretende lembrar que existe un bloqueo ilegal e demostrar o poder da acciòn civil.

Moi fermoso o agradecimento da xente. NON ESTADES SÓS decian.
A conciencia humana a consciencia cos dereitos humanos de moita xente en Europa e no mundo fan que sexa posible este xesto solidario, a tentativa de rachar un bloqueo ilegal de Israel en Gaza.

Quédome coa frase do xornalista italiano asasinado en Palestina en 2011 Vittorio Arrigoni: Restiamo umani. Sigamos sendo human@s.

Rolda de imprensa en Messina para despedir a Flotilla con entrega de carta de apoio de mulleres sicilianas para as mulleres de Gaza.

Eentrega de carta de apoio de mulleres sicilianas para as mulleres de Gaza.

A nenas e nenas das escolas de Messina traballaron para que estes centos de debuxos vaian na Flotilla para as nenas e nenos de Gaza.

A nenas e nenas das escolas de Messina traballaron para que estes centos de debuxos vaian na Flotilla para as nenas e nenos de Gaza.

Agardando toda a tripulaciòn do Marianne para sair. 4 xornalistas de Nova Zelanda,Rusia e Suecia, 6 expertos marinhos, un experto en resitencia pasiva, 6 activistas. Un equipo no que se respira experiencia, compromiso e responsabilidade na defensa dos dereitos da humanidade.

Agardando toda a tripulaciòn do Marianne para sair. 4 xornalistas de Nova Zelanda,Rusia e Suecia, 6 expertos marinhos, un experto en resitencia pasiva, 6 activistas. Un equipo no que se respira experiencia, compromiso e responsabilidade na defensa dos dereitos da humanidade.

Viva a Liberdade. Vivan os Pobos libres. ‪#‎FreedomFlotilla‬
Imos romper o bloqueo.
Porque todas e todos imos na Flotilla a Gaza.
Sede voceir@s desta mensaxe de defensa da legalidade internacional contra un bloqueo e a ocupación ilegal.
In bocca lupo! Din ao despedirnos. Avante!  

(Ana Miranda)

Quizáis che interese...