O Concello de Compostela adhire á Campaña BDS!

O Concello de Compostela, vén de aprobar este martes unha moción pola que se declara espazo libre de discriminación contra o pobo palestino, e adhire á Campaña BDS.

A moción defendida pola edil Concepción Fernández, de Compostela Aberta, foi realizada trala petición feita ás sete cidades galegas, por parte de BDS-Galiza, e aprobada polo grupo de goberno, Compostela Aberta, e dous dos grupos da oposición, PSdG e BNG. O outro grupo da oposción, PPdG, abstívose.

BDS-Galiza quere agradecer esta aprobación aos grupos municipais que facilitaron a adhesión do Concello de Compostela á Campaña BDS.

O mesmo martes realizouse un rogo no mesmo sentido no Concello da Coruña, por parte da concelleira do BNG, Avia Veira, que confiamos será resolto nos vindeiros días. Esperemos que o resto das cidades galegas se suman a esta declaración do Concello de Compostela.

A seguir, reproducimos a moción aprobada no Concello de Compostela.

MOCIÓN DE URXENCIA DO GRUPO MUNICIPAL  DE COMPOSTELA ABERTA AO PLENO EN RELACIÓN Á PETICIÓN DE ADHESIÓN DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Á CAMPAÑA BDS GLOBAL

Concepción Fernández Fernández, Concelleira  de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, presenta ao pleno para a súa aprobación a seguinte MOCIÓN DE URXENCIA

En Xullo de 2005 unha ampla coalición de colectivos palestinos lanzou a campaña BDS Global (Boicot Desinvestimentos e Sancións. Contra a colonización , o apartheid e a ocupación israelí)   contra Israel apelando ás “persoas con consciencia en todo o mundo para impor amplos Boicotes e implementar iniciativas de Desinvestimento e Sancións contra Israel” como medida de presión para acabar con a cada vez mais sangrenta limpeza étnica do pobo palestino.

Sindicatos, universidades, colectivos sociais, asociacións de consumidoras, movimentos pacifistas, concellos, artistas, estudantes, profesionais dos mais diferentes ámbitos e de todos os continentes uníronse nun movemento cidadán e pacífico que crece e multiplica os seus resultados dia a dia. Un movemento global que se converteu no eixo reivindicativo da solidariedade con Palestina. Un movemento global de que Galiza non pode estar ausente.

Por todo isto, o grupo municipal Compostela Aberta, solicita ao pleno do Concello de Santiago de Compostela:
1.-A declaración do Concello de Santiago de Compostela, de espazo libre de discriminzación contra o pobo palestin, e a adhesión á Campaña BDS cuxos obxetivos  son:

-A finalización da  ocupación e colonización de todas as terras palestinas e o desmantelamento do Muro;

-O recoñecemento dos dereitos fundamentais da cidadanía  árabe-palestina de Israel para unha igualdade completa;

-O recoñecemento do dereito das persoas palestinas refuxiadas a retornaren ás súas casas e propiedades como o estipula a resolución 194 da Aseamblea Xeral das Nacións Unidas.

2.-Absterse de colaborar co Estado israelí, as súas institucións públicas ou os seus e as súas representantes oficiais no Estado español, en calquera proxecto de desenvolvemento agrario, educativo, comercial, cultural ou de seguridade.

3.-Difundir a campaña BDS entre a cidadanía e apoiala nos seus distintos ámbitos (económico, cultural, deportivo, académico e institucional).

Quizáis che interese...