O concello de Xixón aproba moción en favor da campaña BDS

O concello de Xixón ven de declarar o concello de Xixón, espazo lbre de aparheid israelí, co apoio dos grupos PSOE, XSP e  IU. Parabéns ás nosas compañeiras de BDS-Asturies.

O texto da moción é o seguinte:

PROPOSICIÓN DE ACORDO QUE PRESENTAN OS GRUPOS MUNICIPAIS SOCIALISTA, XIXÓN SI PODE E ESQUERDA UNIDA NO CONCELLO DE XIXÓN/XIXÓN ANTE O PLENO DE 13 DE XANEIRO DE 2016 SOBRE A CAMPAÑA DE BOICOT, DESINVESTIMENTOS E SANCIÓNS CONTRA A COLONIZACIÓN, O APARTHEID E A OCUPACIÓN ISRAELÍ
Exposición de motivos:
A situación que se vive nos territorios palestinos ocupados por Israel xera inquietude e indignación. Unha gran parte da poboación palestina sofre as consecuencias da política dos gobernos israelís que desatende as resolucións dos organismos internacionais e causa gran sufrimento á poboación civil.
Non hai barbarie que justifique a situación que vive a poboación dos territorios palestinos. A pesar dos diferentes informes, resolucións e acordos internacionais, a ocupación das súas terras por novas colonias é crecente mentres sofren a revogación de permisos permanentes de residencia, demolicións das súas vivendas, prohibición para realizar actos sociais e culturais, detencións administrativas e outras formas de represión como o non recoñecemento de facto da igualdade de dereitos para os cidadáns palestinos e os xudeus dentro de Israel que foron cualificadas por diferentes organismos e ONG’s como apartheid. Así mesmo, Israel nega o dereito ao retorno das persoas refuxiadas mesmo cando son vítimas de guerras como a que arrasa aos seus veciños sirios.
O Parlamento Europeo aprobou o 17 de decembro de 2014 unha resolución na que apoia o recoñecemento do Estado de Palestina e a solución de dous Estados baseados nas fronteiras de 1967 e na capitalidade de Xerusalén para ambos, coa convivencia en paz e seguridade entre un Estado de Israel seguro e un Estado palestino independente, democrático, contiguo e viable, sobre a base do dereito de autodeterminación e do pleno respecto do Dereito internacional e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
A Unión Europea, aténdose ao dereito internacional, non recoñece a soberanía de Israel sobre os territorios ocupados por este país desde xuño de 1967, a saber, os Altos do Golán, a Franxa de Gaza e Cisxordania, incluído Xerusalén Este, e non os considera parte do territorio israelí. Neste sentido, moitos dos países membro manifestaron que a continuada expansión ilegal dos asentamentos israelís en territorios palestinos ameaza a perspectiva de alcanzar un acordo de paz xusto e definitivo.
O 12 de novembro de 2015 o Diario Oficial da Unión Europea publicaba unha nota interpretativa sobre a indicación da orixe das mercadorías procedentes dos territorios ocupados por Israel que obriga a etiquetar os produtos ou servizos procedentes destes sinalando claramente a súa orixe. Indica a resolución que debe sinalarse expresamente “asentamento israelí” para evitar inducir a erro aos consumidores en canto á orixe real dos mesmos. A Unión Europea lembra que “de conformidade coa lexislación da Unión sobre a protección dos consumidores, a indicación da orixe é obrigatoria cando constitúa información substancial, segundo o contexto, para tomar unha decisión sobre unha transacción co debido coñecemento de causa e, en consecuencia, a súa omisión faga ou poida facer que o consumidor medio torne unha decisión sobre unha transacción que doutro xeito non tomase”.
Fundamentos xurídicos: De conformidade co disposto nos artigos 76 e seguintes do Regulamento Orgánico de funcionamento do Pleno do Concello de Xixón, os Grupos Municipais poden presentar propostas que versen sobre cuestiones competencia do Pleno.
Vistos os antecedentes e fundamentos que constan na parte expositiva desta proposta, o Pleno do Concello de Xixón adopta o seguinte:
ACORDO
O Pleno do Concello de Xixón/Xixón, a través da presente Proposta de acordo, insta o Goberno Municipal a:
1. Manifestar a súa adhesión e apoio á resolución do Parlamento Europeo de 17 de decembro de 2014 pola que se recoñece o Estado de. Palestina.
2. Mostrar a solidariedade coa poboación dos territorios ocupados instando á ONU a garantir a súa protección e a obrigar a Israel a cumprir a legalidade internacional.
3. Declarar o concello de Xixón/Xixón Espazo Libre de Apartheid. Israelí (ELAI) e difundilo entre a cidadanía, inserindo o Selo Espazo Libre de Apartheid Israelí na páxina web municipal.
4. Adoptar as medidas legais oportunas para que os procesos de contratación e compra inclúan previsións que impidan contratar servizos ou comprar produtos a empresas cómplices de violacións do Dereito Internacional e da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
5. Non subscribir ningún convenio ou acordo con institucións públicas, empresas e organizacións que participan, colaboren ou obteñan beneficio económico da violación do Dereito Internacional e da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
6. Fomentar a cooperación co movemento BDS (Boicot, desinversiones e sancións), articulado a nivel estatal pola Rede Solidaria contra a Ocupación de Palestina e a nivel autonómico e local polo Comité de Solidariedade coa Causa Árabe.
Xixón/Xixón, a 30 de decembro de 2015

Quizáis che interese...

Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com