Longa vida Palestina!

Fonte: www.palestinalibreblog.wordpress.com

Por Ana Souto Vagalume

Kareem Dennis, máis coñecido polo seu nome artístico de Lowkey, é un rapeiro e activista político británico con raíces iraquíes por parte de nai, actualmente retirado da música para dedicarse aos seus estudos.

Lowkey denunciou publicamente o sionismo, ideoloxía que el mesmo define como “colonialismo e limpeza étnica” e encabezou a organización Palestine Solidarity Campaign (PSC), plataforma que naceu en Inglaterra e Gales para promover a solidariedade co pobo palestino. Fundouse en 1982, durante a invasión do Líbano por parte de Israel.

En febreiro de 2009 viaxou a Palestina coa intención de ir a varios campos de refuxiados en Cisxordania e organizar concertos e actuacións solidarias coa fin de recadar cartos para a reconstrución da Faixa de Gaza. Alí foi detido polas Forzas Israelíes no Aeroporto Internacional de Ben Gurión durante nove horas, ademais de ser interrogado co pasaporte confiscado.

Tamén no 2009, uns meses máis tarde, viaxou de novo a Palestina co rapeiro estadounidense M-1, do dúo Dead Prez. Ámbolos dous formaban parte dunha misión humanitaria para levar axuda médica á poboación palestina de Gaza. A raíz desta viaxe conxunta colaboraron nun proxecto musical común –Soundtrack to the Struggle (Poñamos banda sonora ao problema)– que reflicte a loita política que os dous levan a cabo a través da súa música.

En xullo de 2010 detivérono por segunda vez, cando estaba facendo unha xira musical por diversos campos do West Bank. Estivo detido durante 12 horas e soltárono grazas a un movemento na rede que pedía a súa posta en liberdade.

Ademais da súa implicación coa causa palestina, formou parte da campaña Stop the War Coalition e manifestouse en contra da invasión de Iraq. Representa tamén a un dos críticos máis mordaces contra as políticas de estranxería de Estados Unidos e Reino Unido.

Velaquí a súa canción Long live Palestine (Longa vida, Palestina!), con tradución ao galego embaixo.

Longa vida, Palestina!

Esta é unha canción para Palestina, Ramallah, Cisxordania, Gaza.

Esta é unha canción para os nenos que están a buscar respostas,

ogallá puidera cambiar as vosas bágoas polo meu sorriso.

Longa vida, Palestina! Longa vida, Gaza!

Mentres escoitamos letras escritas por ignorantes ilusos,

Israel non lle permite á ONU a entrada de comida,

sacan as tropas ás rúas e nos medios non din nada,

gañan cartos grazas aos produtos que consumimos inconscientemente,

non é unha simple cuestión de diferentes puntos de vista,

esquecede as emocións, isto son feitos, falo de verdades,

tanto ten que sexades cristiáns ou xudeus

os palestinos son xente que vive en condicións diferentes á vosa,

seguen a morrer cada vez que bombardexades as súas escolas, mesquitas e hospitais.

Isto non é polos misiles, por favor Señor, non podes parar isto?

Os estranos que aparecen no televisor non son familia miña,

mais sinto un vínculo con eles porque eses rostros poderían ser o meu.

As verbas non poden explicar a dureza da traxedia,

non é unha guerra, o que fan é matar, cada vez máis rápido,

automaticamente estamos a favorecer ao salvaxismo,

imaxina se fosen familiares teus.

Esta é unha canción para Palestina, Ramallah, Cisxordania, Gaza.

Esta é unha canción para os nenos que están a buscar respostas,

ogallá puidera cambiar as vosas bágoas polo meu sorriso.

Longa vida, Palestina! Longa vida, Gaza!

Palestina sempre estará no meu corazón,

érgome en prol da paz, en época de guerra non podemos entregarnos,

non esquezades, non queirades crer que todo comezou naquel decembro escuro,

cada moeda é unha bala se mercades en Mark’s and Spencer

e cada vez que lle botades un grolo a unha Coca-Cola,

é outra pistola máis na funda dun soldado sen alma.

Dicides saber do lobby sionista,

pero seguides a darlles cartos cando comprades o seu café;

falades de revolución sentados no Starbucks,

son formas de pensar nas que eu non podo confiar,

son pensamentos que non respeto.

Antes de falardes buscade qué significa a bufanda que levades no pescozo,

esquecede Nestlé,

Obama prometeulle a Israel 30 mil millóns na próxima década,

están ben felices e rematadamente tolos.

Pensade nisto cando lle esteades a poñer cueiros marca Huggies aos vosos bebés.

Esta é unha canción para Palestina, Ramallah, Cisxordania, Gaza.

Esta é unha canción para os nenos que están a buscar respostas,

ogallá puidera cambiar as vosas bágoas polo meu sorriso.

Longa vida, Palestina! Longa vida, Gaza!

Por que credes que os meniños palestinos lle lanzan pedras aos tanques?

Nunca saberemos con certeza cántas persoas foron asasinadas,

lanzan bombas a nenas pequenas que están a durmir nos seus berces.

Non vos deixedes ofender polo feitos, tratade de escoitar:

non hai cousa máis antisemita que o propio sionismo,

así que non vos sintades incómodos cando me esteades a falar.

Sei que hai moitos rabinos que están de acordo conmigo,

Vós veredes qué facedes coa miña mensaxe.

Non vos enganedes, vexo todo isto desde unha perspectiva completamente humana.

Cantas resolucións máis teñen que ser violadas?

Cantos nenos máis teñen que ser aniquilados?

Israel é un Estado do terror, onde hai terroristas que aterrorizan,

declaro que o meu televisor televisounos dicindo mentiras,

Isto non é unha guerra, é un xenocidio sistematizado.

Pero fagan o que fagan, Palestina nunca morrerá!

 

Quizáis che interese...