Resume do impacto do BDS no 2016

Un activista coloca un cartel en Cisxordania en apoio dunha campaña durante o Ramadán animando á xente a boicotear os produtos israelís. As campañas sociais de boicote esténdense por toda Cisxordania e en toda Palestina.

28 de novembro de 2016

Comité Nacional Palestino do BDS

 

O ano 2016 será recordado polxs palestinxs e defensores da liberdade, xustiza e igualdade palestinas, entre outras cousas, como o ano en que Israel librou unha guerra total contra o movemento BDS global polos dereitos do pobo palestino, liderado polxs palestinxs, nun intento desesperado de esmagalo.

A este respecto, 2016 tamén será recordado como o ano do espectacular fracaso de Israel, a medida que o BDS gaña popularidade e se intensifica o seu impacto no réxime israelí de ocupación, colonatos e apartheid.

En 2016, Israel despregou activos financeiros masivos, unha espionaxe intensiva, eficiente propaganda, cyber “sabotaxes” e, o máis importante, a guerra legal contra xs defensores e as redes de dereitos humanos do BDS.

Frustrada coa propagación do BDS por todo Occidente, en América Latina, no mundo árabe, Sudáfrica e partes de Asia, Israel esperaba tirar proveito da súa enorme influencia sobre o Congreso dos EEUU e parlamentos nacionais, así como sobre os gobernos de Francia, Reino Unido e Canadá entre outros co fin de suprimir o BDS. Israel tentou estigmatizar, demonizar e nalgúns casos deslexitimar o BDS dende arriba, despois de non conseguir eliminalo nos movementos populares e na sociedade civil global.

Ao longo deste ano, o BDS fíxose máis e máis forte.

As grandes multinacionais, incluíndo Orange e CRH, abandonaron a súa participación en proxectos israelís que atentan contra os dereitos dxs palestinxs. Isto aconteceu logo da saída de Veolia de Israel no 2015, despois de perder licitacións por valor de miles de millóns de dólares debido aos sete anos de campaña BDS.

Tamén este ano, decenas de concellos, sobre todo no Estado Español, anunciaron ser “Espazos Libres de Apartheid Israelí ” e as principais igrexas nos EEUU desvencelláronse dos bancos israelís ou de empresas internacionais que apoian a ocupación.

BDS tamén reforzou alianzas intersetoriais de principios con movementos pola xustiza racial, económica, de xénero e climática, entre outros, en todo o mundo.

Un dos logros máis notables do movemento BDS en 2016 foi o seu éxito en conquistar apoios ao dereito a boicotear a Israel en prol dos dereitos dxs palestinxs baixo o dereito internacional, na Unión Europea, os gobernos de Suecia, Países Baixos e Irlanda, así como de Amnistía Internacional, a American Civil Liberties Union, a Federación Internacional de Dereitos Humanos e centos de partidos políticos, sindicatos e movementos sociais de todo o mundo.

A lóxica de acougar ao réxime de opresión israelí comezou a ceder o paso á lóxica da presión internacional sostida, que se revelou fundamental para acabar co apartheid en Sudáfrica. O Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas, por exemplo, adoptou na súa reunión de marzo a decisión de crear unha base de datos de empresas israelís e internacionais que son cómplices e tiran proveito do réxime de ocupación israelí. Este importante desenvolvemento puxo nerviosas a moitas empresas pola súa implicación en graves violacións do dereito internacional de Israel.

O seguinte cronograma resume algúns dos indicadores máis significativos do impacto directo e indirecto do BDS en varios campos.

Xaneiro

  • Orange abandona a filial israelí logo da intensa campaña BDS en Exipto e Francia.
  • A United Methodist Church retírase dos bancos israelís que financian a ocupación.
  • Centos de académicos en Brasil e Italia únense ao boicote académico a Israel.
  • A compañía irlandesa CRH convertiuse na multinacional máis recente en saír de Israel.

Febreiro

  • BDS chega aos Oscar, invitando xs candidatxs a renunciar á viaxe de propaganda israelí.
  • A compañía de seguridade G4S perde un contrato importante en Colombia.
  • No Estado Español, a Deputación provincial de Córdoba declárase Espazo Libre de Apartheid Israelí e aproba a colaboración co movemento BDS.
  • A Palestinian Human Rights Organizations Council (PHROC) defende que o dereito ao BDS contra Israel está protexido polo dereito internacional.

Marzo

  • Suecia convértese no primeiro país europeo en recoñecer o dereito ao BDS contra Israel.
  • Organizacións de mulleres palestinas, centros e grupos fan un chamamento a todas as mulleres e feministas do mundo, así como ás organizacións e colectivos de mulleres, para que aproben a campaña BDS.
  • A UNICEF en Xordania rompe o contrato con G4S.
  • University College London Union vota a favor de apoiar o BDS.
  • G4S anuncia plans para saír do mercado israelí, pero continúa a campaña BDS na súa contra.
  • Decenas de facultades da Universidade de Columbia (Nova York) chaman ao desinvestimento do sistema de dominación de Israel.

Abril

Protesta #StopG4S no Líbano para o día dxs presxs políticxs palestinxs

  • Amnistía Internacional apoia o dereito dxs defensorxs dos dereitos humanos dxs palestinxs implicadxs no BDS, condenando as ameazas israelís de atentar físicamente contra elxs e de privalos de dereitos básicos.
  • A provincia brasileira de Bahia cancela o acordo de colaboración coa empresa de auga do apartheid israelí Mekorot.
  • Os estudantes da facultade de Dereito da Universidade de Chile votan masivamente polo BDS.
  • Alliance of Baptists (US) desenviste de empresas que se lucran coa ocupación israelí.
  • UNOPS convértese na terceira axencia da ONU en Xordania en aboandonar G4S.
  • Os partidos políticos dos Países Baixos, D66 e Esquerda Verde reclaman sancións contra Israel.
  • O goberno dos estudantes non-graduados da Universidade de Chicago vota decisivamente en favor do desinvestimento de empresas que tiran proveito das violacións dos dereitos humanos de Israel.

Maio

  • O xigante deportivo Reebok cancela os tenis que celebraban a “independencia” de Israel.
  • Os gobernos dos Países Baixos e de Irlanda defenden o dereito a boicotear a Israel baixo a liberdade de expresión e a liberdade de asociación.
  • A Catholic Conference of Major Superiors of Men (EEUU) chama ao boicote aos asentamentos ilegais israelís.
  • O Parlamento de Ontario (Canadá) rexeita a lei anti-BDS.
  • Israelí Apartheid Week (2016) foi a máis grande até o de agora, téndose rexistrado máis de 225 cidades e campus universitarios. O crecemento do Israelí Apartheid Week en países de América Latina e en todo o mundo árabe é particularmente alentador.
  • A campaña BDS marroquí convence a ducias de tendas a boicotear os dátiles israelís.
  • Os maiores sindicatos do Reino Unido exhortan a G4S para que deixe de tirar proveito da ocupación israelí.
  • O secretariado de dereitos humanos da Federación Uruguaya de Empleados de Comercio y Servicios fan un chamamento ao boicote de produtos israelís e pídenlle ás empresas en Uruguai que rompan as súas ligazóns co apartheid israelí.
  • O sindicato de estudantes graduados da universidade de Nova York, parte da United Auto Workers Local 2110, vota por unha ampla marxe a prol de unirse ao BDS. A Teaching Assistants’ Association (TAA/AFT Local 3220)  na Universidade de Wisconsin-Madison, o máis antigo sindicato de graduados nos Estados Unidos, vota masivamente por desinvestir das institucións do Estado de Israel e das empresas internacionais cómplices das violacións dos dereitos dxs palestinxs.
  • O Listowel Writers’ Week Festival en Irlanda rexeita o financiamento da Embaixada de Israel en Dublín.
  • O sindicato de estudantes nunha universidade canadense en Halifax vota por vender os seus investimentos en compañías que apoian as violacións dos dereitos humanos de Israel, incluíndo a Toyota, Caterpillar, Teva Pharmaceuticals e General Mills.

 Xuño

  • A Kuwait’s Public Institution for Social Security (PIFSS) desinviste de G4S.
  • A Federación Internacional de Dereitos Humanos (FIDH) apoia o dereito ao BDS.
  • 356 organizacións de dereitos humanos europeas, grupos relixiosos, sindicatos e partidos políticos chaman á UE para que apoie o seu dereito ao boicote.
  • Nos EEUU, unha gran coalición de grupos polos dereitos civís, dereitos humanos e de solidariedade con Palestina, incluíndo a American Civil Liberties Union (ACLU), defende o dereito ao BDS como unha forma de liberdade de expresión protexido constitucionalmente.
  • O Concello de Bondy, perto de París, adopta por gran maioría o boicote aos produtos das colonias israelís.
  • O Centre for the Study of Violence and Reconciliation de Sudáfrica retírase da conferencia en Israel de estudos do xenocidio.

Xullo

  • A Internacional Socialista, unha gran coalición de partidos socialistas de máis de 100 países, recoñece o BDS como unha estratexia eficaz para loitar contra a ocupación israelí e a negación dos dereitos palestinos.
  • Pharrell Williams, que gañou dez premios Grammy, cancela o concerto en Tel Aviv, sen explicacións.
  • A United Congregational Church of Southern Africa (UCCSA) adopta o BDS.
  • Miles de académicxs árabes e intelectuais na rexión do Golfo condenan a normalización co réxime de opresión israelí e apoian o boicote académico e cultural.
  • A asemblea da Presbyterian Church dos EEUUU vota a favor de estudar o chamamento ao BDS e participar cos seus autores, pedindo ao goberno dos EEUU que reconsidere a axuda militar a Israel.
  • Ducias de deputadxs do Parlamento Europeo lle piden á UE que protexa o dereito de defender os dereitos dxs palestinxs a través da campaña BDS.
  • A editorial de Los Angeles Times defende o dereito ao boicote como unha forma protexida da liberdade de expresión.
  • A Asamblea Xeral da Unitarian Universalist aproba o desinvestimento das empresas cómplices co apartheid israelí.
  • Activistas, apoiadxs polos principais grupos de dereitos civís, derrotan a lexislación anti-BDS no Senado estatal de Massachusetts.
  • US National Labor Relations Board defende o dereito do sindicato de traballadores de United Electrical (UE) a apoiar o BDS.
  • O Partido Verde do Canadá apoia o dereito ao BDS e adopta medidas BDS contra a ocupación israelí.

Agosto

Activistas do Movement for Black Lives nunha delegación a Palestina

  • O Movement for Black Lives nos EEUU adopta medidas BDS contra o réxime de ocupación e apartheid israelí.
  • O goberno de Portugal retírase dun proxecto controvertido de formación da policía coa policía israelí.
  • BDS deixa a súa pegada nos Xogos Olímpicos de Río.

Setembro

  • Decenas de administracións no Estado Español, incluíndo o cabido de Gran Canaria, as Deputacións de Sevilla e Córdoba e o concello de Santa Eulària en Ibiza, decláranse “Libres de Apartheid Israelí”.
  • O compositor británico Brian Eno, rexeita autorizar a súa música a calquera grupo patrocinado polo Estado de Israel.

Outubro

  • A Alta representante da UE, Federica Mogherini, afirma o dereito ao BDS logo da intensa presión dos movementos de base e dxs parlamentarixs.
  • Segundo os medios de comunicación israelís, Beyoncé cancela os concertos en Tel Aviv, sen asociar a decisión ao  chamamento palestino.
  • A francesa Confederación Xeral do Traballo do Instituto Nacional de Investigación Agronómica (CGT-INRA) adopta o BDS, malia represión do Estado contra o movemento.
  • O concello da cidade de Ivry-sur-Seine, un suburbio de París, vota por unha gran maioría pedir ao goberno francés que poña fin a súa criminalización do BDS e do activismo solidario con Palestina e que prohiba todas as importacións de bens dos colonatos israelitas.
  • O Concello da vila de Derry e o Consello Provincial de Strabane son as primeiras administracións en Irlanda do Norte que aproban unha moción de boicotear os produtos israelís.
  • O claustro de estudantes da Universidade Estatal de Portland vota (22 a 2) a prol do desinvestimento en apoio dos dereitos humanos palestinos.

Novembro

  • Lánzase unha semana de acción global en apoio ao boicote contra HP pola súa implicación en violacións israelís de dereitos humanos, con 100 actividades programadas en 100 cidades de seis continentes.
  • A cociñeira xefe de renome mundial Kamilla Seidler do restaurante Gustu en Bolivia retírase do evento culinario propagandístico en Tel Aviv, Apartheid Round Tables.
  • Os estudantes da Universidade Norueguesa de Ciencia e Tecnoloxía adoptan unha resolución contra unha posible colaboración entre NTNU e universidades israelís en investigación de petróleo e gas.
  • O sindicato de estudantes da Universidade de Qatar adopta o BDS por gran maioría.
  • Os concelleiros de Trondheim, a terceira cidade máis grande de Noruega, votan a prol de boicotear os produtos e servizos dos colonatos na Cisxordania ocupada.
  • O Departamento de Estado dos EEUU recoñece indirectamente o dereito ao boicote a Israel como unha cuestión de liberdade de expresión.

Quizáis che interese...