52.000 shekels de multa para as crianzas palestinas detidas na prisión de Ofer en xaneiro

BDS, Palestina; Israel

Fonte: International Middle East Media Center

O Comité Palestino de Persoas Detidas, Addameer, publica a relación de multas e fianzas impostas ás familias de menores palestinxs retidxs por Israel nunha única prisión, a de Ofer. No mes de xaneiro, Israel cobrou 52.000 shekels ás familias das crianzas retidas nesta prisión.

O comité denuncia que en xaneiro foron enviadxs a Ofer 64 menores de idade, dos cales, 28 foron detidos despois de que soldados israelís asaltaran as súas casas a altas horas da noite. Denuncian tamén que oito dxs menores detidxs foron disparadxs e/ou feridxs antes da detención. Un deles, Ahmad Hanatsha, 16 anos, atópase baixo detención administrativa sen cargos nin xuizo.

Tribunais militares sentenciaron períodos de prisión que varían entre un mes e un ano a 28 destas crianzas, o resto agardan detidas a terminar o proceso de interrogación.

Quizáis che interese...