Palestra en Ferrol: Retorno a Gaza. Situación das mulleres en Palestina

A área da muller de Esquerda Unida Ferrol organiza a palestra “Retorno a Gaza” na que falaremos da última campaña da Flotilla da Liberdade: Mulleres Rumbo a Gaza e da situación das mulleres en Palestina.

Será o luns 6 de marzo ás 19.00 horas no Ateneo Ferrolán.

Mulleres Rumbo a Gaza partiu en setembro de 2016 coa intención de romper o ilegal bloqueo marítimo de Gaza e visibilizar e valorizar a histórica loita das mulleres palestinas e as súas formas de resistencia contra as distintas opresións que sofren. O barco, como en ocasións anteriores, foi abordado e secuestrado polo exército israelí a poucas millas do porto gazatí, ainda en augas internacionais. Unha vez máis, Israel responde de forma ilegal e violenta contra unha acción civil e pacífica de compromiso e solidariedade co pobo palestino. A violación de dereitos humanos en Palestina continúa diariamente coa complicidade da comunidade internacional. Nós, seguiremos apoiando á sociedade palestina na súa resistencia e facendo nosa a loita das mulleres palestinas.

Non faltedes!!

Quizáis che interese...