Presentación do libro “La Revolución árabe” do activista palestino Mohamed Safa

A Fundación Araguaney-Ponte de Culturas acollerá este luns 6 de marzo a presentación do libro ‘A revolución árabe. Democracia, nacionalismo, relixión e Palestina como nudo gordiano’, do activista e escritor de orixe palestina Mohamed Safa.

O acto será o luns 6 de marzo ás 20,00 horas no salón Camelia do hotel Eurostars Araguaney e será presentado por Xosé Manuel Beiras e o presidente da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, Ghaleb Jaber Martínez.

Mohamed Safa analiza na obra os levantamentos que convulsionaron Oriente Próximo e os relaciona co conflito xerado pola ocupación israelí de Palestina.

Quizáis che interese...