Dimite unha funcionaria da ONU pola presión para retirar o informe sobre o Apartheid Israelí

ONU, BDS, Palestina, Israel

Unha alta funcionaria da ONU pediu a dimisión tras negarse á presión do Secretario Xeral da ONU, Antonio Guterres, e do lobby sionista para retirar o informe publicado a principios desta semana que conclúe que Israel estableceu un réxime de apartheid.

Rima Khalaf, presidenta da Comisión Económica e Social para Asia Occidental (ESCWA), que publicou o informe, anunciaba a súa dimisión nunha conferencia de prensa en Beirut o venres.

Reuters informa que Khalaf deu o paso “despois do que ela describe como presión por parte do secretario xeral para retirar un informe no que se acusa a Israel de impor un” réxime de apartheid” sobre a poboación palestina “.

“Renunciou porque é o meu deber non ocultar un delito claro, e apoio todas as conclusións do informe,” afirmou Khalaf.

Atéo venres, un comunicado de prensa anunciando o informe permanecía visible na páxina web da ESCWA, pero neste momento o enlace non funciona. (Unha copia completa do informe está aquí dispoñíbel).

O informe conclúe que “Israel estableceu un réxime de apartheid para dominar ao pobo palestino” e afirma “fóra de toda dúbida razoable que Israel é culpable de políticas e prácticas que constitúen crimes de apartheid”, segundo se define na lexislación internacional.

Insta os gobernos nacionais a “apoiar as acción de boicote, desinvestimentos e sancións e anima a responder positivamente aos chamamentos para estas iniciativas.”

A sociedade palestina recibiu calurosamente o informe, pero Israel denunciouno con rabia como propaganda nazi. Nikki Haley, embaixador estadounidense na ONU esixiu que o informe fose retirado.

Esta demanda chegaba co anuncio da administración Trump de incluir importantes recortes nas contribucións dos Estados Unidos á ONU.A renuncia de Khalaf indica que Guterres actuou con obediencia e celeridade para cumplir as ordes dos Estados Unidos. Nun tweet, a Liga Anti-Difamación, un poderoso lobby sionista dos Estados Unidos, agradecía a Guterres por urxir á ESCWA a retirada do informe.

Hai tempo que o goberno de Israel busca castigar a Khalaf por facer o seu traballo. En 2014, o seu embaixador ante a ONU esixiu que fose eliminada do seu posto por criticar as políticas de ocupación e colonización xudía-israelí do territorio palestino a costa de comunidades musulmás e cristiás.

O Comité Nacional Palestino de BDS (BNC), a coalición da sociedade civil que lidera o movemento global de boicote, desinvestimentos e sancións a Israel, condenou a intervención de Guterres. “O feito de que un secretario xeral da ONU ceda ás ameazas e intimidacións da administración Trump para protexer a Israel da prestación de contas, unha vez máis, non é novidade. A verdadeira noticia é que esta vez, Israel, con toda a súa influencia en Washington, non pode poñer o xenio de volta na botella”.

“O pobo palestino está profundamente agradecido á directora da ESCWA, Dr Rima Khalaf, que preferiu renunciar con dignidade que render os seus principios á intimidación dos EUA-Israel”, engadiu o BNC.

A renuncia de Khalaf, baixo a presión para suprimir conclusións obxectivas e xurídicas desfavorables para Israel, pode enviar a outros funcionarios da ONU a terrible mensaxe de rque é mellor servir a quen está no poder que defender calquera mandato para promover os dereitos humanos e respectar o dereito internacional.

Fonte: electronicintifada.net

Quizáis che interese...