Un novo informe da ONU confirma que Israel é un Estado de “apartheid” e chama ao BDS

ONU, BDS, Palestina, Israel

O Comité Nacional Palestino de BDS (BNC), a maior coalición na sociedade palestina, acolle calorosamente como “avance histórico” un informe divulgado o 16 de marzo pola Comisión Económica e Social das Nacións Unidas para Asia Occidental (CESPAO) que demostra sen lugar a dúbida que Israel impuxo un sistema de apartheid a todo o pobo palestino.

O informe da CESPAO esixe medidas BDS para acabar co réxime de apartheid israelí.

O movemento BDS global para os dereitos dxs palestinxs, liderado polo BNC, ten descrito de maneira consistente a Israel como un réxime de “ocupación, colonialismo e apartheid” contra toda a poboación palestina.

Dando unha cálida benvida ao informe da CESPAO como un “avance histórico”, Ingrid Jaradat, do Secretariado Internacional do BNC, engadiu:

“Esta é a primeira entidade da ONU que proba sen calquera dúbida que Israel é culpable do crime de apartheid contra o pobo palestino, o que confirma as conclusións ás que chegou o movemento BDS desde 2005. Tendo en conta que o apartheid é o segundo crime máis grave contra a humanidade no dereito internacional – tras o crime de xenocidio – esta conclusión da CESPAO creba o tabú e reforzará o argumento a favor das sancións internacionais contra Israel”.

O movemento BDS creceu de forma impresionante nos últimos anos, obrigando ás grandes corporacións, incluídas Veolia, Orange e G4S, a abandonar o mercado israelí e convencendo aos grandes fondos de pensións a desprenderse dos bancos e empresas involucrados en violacións dos dereitos humanos por parte de Israel. O illamento académico e cultural de Israel tamén está en ascenso.

Guman Mussa, coordinador no mundo árabe do BNC, engadiu:

“O informe da CESPAO establece un precedente para a ONU, xa que apela aos gobernos nacionais e á sociedade civil internacional para que apoien o BDS como o mecanismo máis eficaz para que Israel renda contas. Actuar para deter o apartheid israelí non é unha acción opcional, senón unha obriga do dereito internacional “.

Omar Barghouti, co-fundador do movemento BDS, concluíu:

“Como en Sudáfrica, achégase o noso momento. Este novo informe da ONU é un claro indicador que o apartheid de Israel está destinado a acabar, como o fixo Sudáfrica. BDS non só está crecendo de forma impresionante nos campus, nas igrexas, sindicatos, organizacións culturais e movementos sociais, é que hoxe adoptouno unha Comisión das Nacións Unidas. Isto ben pode ser o primeiro feixe de luz que inaugura o alborecer de sancións contra o réxime de ocupación, o colonialismo de asentamentos e o apartheid de Israel”.

Fonte: bdsmovement. net

Aquí podedes ler o informe completo.

Quizáis che interese...