A Fundación Araguaney proxectará Omar para conmemorar o Día da Terra Palestina

Fonte: Fundación Araguaney – Puente de Culturas

O 30 de marzo de 1976, a sociedade palestina convocou unha folga xeral en protesta polo continuo roubo das súas terras por parte de Israel. O exército sionista asasinou a sete mozos palestinos con “ciudadanía israelí” que se manifestaban para deter a confiscación de 21.000 dunums (2100 hectáreas) de terras palestinas. Cada ano, tanto en Palestina como na diáspora, os palestinos conmemoran esta data e prantan olivos en recordo ás terras e ás raíces.

Na Fundación Araguaney – Puente de Culturas queremos conmemorar esta data proxectando o día anterior a película “Omar”, de Hany Abu-Assad, que amosa cómo 40 anos despóis os palestinos continúan a ter que resistir á colonización israelí como único meido de supervivencia.

Foi a película estrela en Amal14 e pensamos que é bo momento para revisionar este filme tan premiado internacionalmente (entre outros, gañou en Cannes na categoría de Un Certein Regard, e foi finalista nos Oscar).

Aquí tendes o trailer:
https://www.youtube.com/watch?v=6EVrcEbXRTg

Quizáis che interese...