31 días de folga de fame: a loita continúa

Os presos e presas palestinas en folga de fame entran hoxe no segundo mes de loita. 76  persoas foron xa trasladadas a hospitais mentres Israel continúa rexeitando a negociación.

As protestas nas rúas palestinas intensifícanse e son duramente reprimidas por Israel.

Preto de 1.500 presos e presas comezaban unha folga de fame o pasado 17 de abril para esixir dereitos básicos que inclúen, entre outras peticións, o fin da prohibición de visitas familiares, o dereito á educación a distancia, asistencia médica axeitada e o fin do confinamento solitario e a detención administrativa, réxime que permite manter en prisión a palestino/as sen acusación ou xuízo.

Desde o inicio da folga, os presos e presas palestinos sufriron unha dura represión por parte de Israel con frecuentes traslados de prisión ou confiscación das súas pertenzas. Mesmo confiscáronlles o sal, da que, xunto coa auga, dependen para preservar a súa saúde e as súas vidas. Israel negoulles tamén as visitas familiares e en moitas ocasións as do/as seus avogado/as. Líderes da protesta, como o líder de Al Fatah Marwan Barghouti, o secretario xeral do FPLP Ahmed Sadat, o prisioneiro que cumple a cadea máis longa NaeL Barguti,  Karim Yunis e moitos máis foron castigados en confinamento solitario coa intención de acabar coa protesta. Os avogados e avogadas só foron capaces de entrevistar a 39 das persoas presas en folga de fame desde o inicio da mesma.

Tras 30 días de folga, a saúde dos prisioneiros estase deteriorando: fatiga crecente, vómitos con sangue, problemas de visión e perda de máis de 20 quilos de peso. Con todo, as persoas en folga manteñen o seu compromiso de loita até acadar as súas demandas. A estas alturas, son 76 os presos da prisión de Ofer trasladados ao “hospital” en Hadarim, onde non reciben atención sanitaria axeitada e son presionado/as para abandonar a folga a cambio do tratamento médico. Israel mantén aos preso/as lonxe de hospitais civís e da atención mediática. Con todo, Hafez Kunduz, foi trasladado ao hospital Soroka por unha hemorraxia interna.

Continúan os traslados abusivos entre prisións, provocando maior sufrimento nos debilitados corpos do/as grevistas que pasan horas encadeados no interior de vehículos a altas temperaturas. Isa Karake, do Comité de Apoio ás Persoas Presas, comentaba o martes 16 de maio que todas as persoas en folga de fame da prisión do Negev foran trasladadas a Eshel e outras prisións.

Karim Yunis, un dos presos que máis tempo levan encarcerados (34 anos) e un dos líderes da protesta, foi trasladado da súa cela de illamento na prisión de Ramle ao cárcere de Yalameh (Quisom). Isto aconteceu dous días despois da divulgación dunha carta na que asegura que as persoas presas en folga de fame continuarán a loita “até a vitoria ou o martirio”:

“Desde as celdas de xaxún, con liberdade e dignidade na sección de illamento da prisión de Ramle, saudámosvos e nos diriximos a vós un por un.
Garantimos que permaneceremos firmes e decididos a alcanzar a vitoria, sen importar o tempo necesario.
Ás masas do noso pobo lles dicimos que recibimos a noticia da súa solidariedade e apoio, a pesar do illamento e o cerco, e que cremos firmemente na inevitabilidade da vitoria, non importa o que sexa preciso para alcanzala”.

Pola súa banda, Marwan Barghouti afirmaba recentemente que, se as esixencias do/as grevistas permaneces ignoradas e a administración de prisións israelí continúa rexeitando a negociación cos líderes da greve, deixará de beber auga.

Sidki al Makt, un preso sirio dos altos do Golán, foi condenado a 14 anos de prisión o martes 16 de maio. Al Makt, que pasou 27 anos en prisións israelís antes de ser liberado en 2012, foi detido de novo en 2015 polas forzas de ocupación israelís, que o acusaron de espionaxe por publicar fotografías que revelaban a implicación de Israel na guerra en Siria. “A información difundida daba detalles sobre o nivel de colaboración entre Israel e a Fronte Al Nusra, unha alianza que Israel non quere admitir”, escribiu Nur Samaha en Al Jazeera.

A desobediencia civil e o apoio social aumentaron nos últimos días tras o chamamento de Marwan Barghouti e do Comité Nacional de Apoio á Folga. A protesta intensifícase nas cidades palestinas e é duramente reprimida polas Forzas de Seguridade Israelís que na última semana atacaron con munición real varias manifestacións para dispersalas. Familias de preso/as e activistas que apoian a folga de fame bloquearon o acceso á sede da ONU en Ramallah, esixindo que a organización internacional actúe.

Máis información en https://medium.com/@javiervillate

Quizáis che interese...