A nova campaña “Solidariedade coa Flota Pesqueira de Gaza” xa ten logo e vén de Gaza

Fonte: Rumbo a Gaza

“Solidariedade coa Flota Pesqueira de Gaza” (SGF en inglés) é unha iniciativa da Coalición Internacional da Flotilla da Liberdade. O seu obxectivo é destacar a loita das persoas pescadoras de Gaza, baixo o bloqueo e os continuos ataques de Israel. Tecendo redes de solidariedade con comunidades de pesca do mundo enteiro, buscamos que a sociedade civil apoie a denuncia y conseguiremos que se poña fin ao bloqueo ilegal imposto na Faixa de Gaza.

A campaña realizou un chamamento a artistas/deseñadore/as para que propuxesen un logotipo que representase a situación das persoas pescadoras de Gaza, que sofren restriccións no seu traballo e a violencia das forzas de ocupación israelí.

O plazo de entrega das propostas extendeuse até o 1 de mayo, 2017 e foron moitas as propostas recibidas de artistas e organizacións de todo o mundo. Unha selección das mesmas foi presentada ao comité directivo pola comisión de medios para que votasen as campañas que participan no proxecto. Queremos agradecer a todas as artistas/deseñadoras que dedicaron tempo e esforzo. Apreciamos moito avosa creatividade e apoio as palestinas e palestinos de Gaza.

Nos agrada anunciar que o logotipo escollido foi deseñado polo Sindicado de Comités do/as Traballadore/as Agrícolas de Gaza (UAWC polas súas siglas en inglés). Esta poderosa imaxe manda unha mensaxe clara sobre a situación da flota pesqueira de Gaza. É significativo que o logotipo veña dunha organización palestina de Gaza que colabora con nós.

Este logotipo está pensado para ser usado en todo acto relacionado coa campaña, organizado por grupos de apoio local como por individuos en solidariedade co proxecto. Para pedir o logotipo nun formato específico, para máis información ou para resolver calquera dúbida podedes contactar coa campaña a través do correo: info@rumboagaza.org

Animámosvos a participar na campaña Solidariedade coa Flota Pesqueira de Gaza – ¡Xuntas conseguiremos pór fin ao bloqueo!

Quizáis che interese...