Familias de presos e presas denuncian a pasividade da ONU na protección das persoas presas de Palestina

Familias de preso/as e activistas que apoian a folga de fame bloquearon o acceso á sede da ONU en Ramallah, esixindo que a organización internacional actúe. Publican ademáis unha declaración sobre o papel da ONU e a súa falta de acción na protección das persoas presas de Palestina.

Non imos aceptar que os nosos presos e presas se convirtan en mártires.

Hoxe, a sede da ONU en Ramallah foi bloqueada debido á negativa a asumir as súas responsabilidades coa poboación palestina, mantendo un silencio cómplice sobre a folga de fame.

Nos últimos 31 días, en vez de cumprir a súa obriga en materia de protección dos dereitos das persoas presas en Palestina e denunciar os crimes sionistas, temos asistido á pasividade e o silencio da ONU.

Polo tanto, cremos que a ONU debe responsabilizarse legalmente como organización que promove a responsabilidade dos Estados no respecto aos dereitos humanos. Cremos que a ONU é responsable en base aos principios do dereito internacional e dos dereitos humanos.

Esiximos:
• unha intervención inmediata e urxente para protexer ás persoas presas e detidas en folga de fame desde hai 31 días;
• unha investigación internacional dos crimes da ocupación contra as persoas en folga de fame no seu intento de acabar coa protesta empregando a tortura e a ameaza de forzar a alimentación;
• traballar dacordo coa súa misión e deberes como organismo protector dos acordos en materia de dereitos humanos;
• Responsabilizar á entidade sionista das súas violacións dos dereitos humanos e do dereito internacional, forzando a Israel a cumprir coa Terceira e Cuarta Convencións de Xenebra sobre persoas palestinas presas e detidas;
• chamar ao Alto Comisionado para os Dereitos Humanos a adoptar unha posición clara sobre a detención administrativa, como crime de guerra e crime contra a humanidade pola súa aplicación xeneralizada e arbitraria, así como a posicionarse sobre a tortura ás persoas presas;
• Esiximos á ONU que obligue á potencia ocupante a permitir a entrada nos cárceres dunha comisión internacional de investigación para coñecer a situación das persoas en folga de fame.

Nós, como familiares de presos e presas palestinas, expresamos a nosa profunda preocupación polas vidas dos nosos fillos, pais, fillas, irmáns, nais que están loitando unha batalla de estómagos baleiros pola nosa liberdade colectiva como nación desposuída e desprazada.

Esta é a primeira dun número crecente de accións contra quen permaneza cómplice dos crimes de guerra da entidade sionista, até conseguir o recoñecemento dos dereitos e reivindicacións das persoas presas.

Saudamos ás persoas en folga de fame que se negan a vivir unha vida de humillación.
Palestina ocupada
17 de maio de 2017

 

Máis información: https://medium.com/@javiervillate

Quizáis che interese...