Máis de 1000 presos palestinos en folga de fame

Fonte: palestinalibreblog.wordpress.com

“Os tribunais israelíes son ferramentas de opresión e non de xustiza” 

Marwan Barghouti (prisioneiro en folga de fame)

Son poucos os medios de comunicación que dedicaron algunha das súas páxinas á cuestión da folga de fame dos presos palestinos e, alén diso, algúns dos xornais que preferiron non optar polo silencio, escolleron un enfoque da noticia errado. En lugar de centrarse nas motivacións e reivincacións dos máis de mil presos en folga, preferiron entrar en terreo rosa e comezar a elucubrar sobre a posibilidade de algúns presos non estar a cumplir coa súa palabra. Como que o líder do movemento, Marwan Barghouti tiña sido gravado a comer unha chocolatina no baño da súa cela… Claro que si, e tamén un bolo de fresas e nata…

Por moito que haxa medios que participen nese xogo de querer desacreditar, contar mentiras ou simplemente non falar do que está a acontecer, a realidade é a que é: máis de mil presos palestinos levan en folga de fame exactamente 27 días. 

presos-palestinos-llevan-dieciseis-huelga_EDIIMA20170502_0248_4

Actualmente, case 6500 presos permanecen en cárceres israelíes, ubicadas tanto no territorio de Israel como en Cisxordania. De entre eles, 500 son presos administrativos, isto quere dicir que non existe unha condena, que non houbo un proceso xudicial e polo tanto, nin os propios presos saben o motivo polo cal están no cárcere, ademais de tampouco ter coñecemento ningún de cando é que van saír. Forman parte dun proceso administrativo que se vai prolongando no tempo en función dos desexos dos soldados israelíes de turno. Ese número total de presos tamén inclúe 300 crianzas, 600 mulleres, 13 deputados e 468 palestinos en cadena perpetua.

As condicións nas prisións israelíes son pésimas, un exemplo máis do trato abusivo por parte das Forzas de Defensa de Israel, que violan de forma constante os dereitos humanos. Preso ou non, toda persoa merece un trato digno e continúa a ter unha serie de dereitos que han de ser respectados. Por este motivo un grupo de presos palestinos decidiu o 17 de abril comezar unha folga de fame e a eses primeiros uníronse outros moitos. Desde mediados de abril o único que inxiren é agua con sal. A través desta acción reivindican:

  • Fin das medidas abusivas de illamento no cárcere por parte das FDI
  • Fin ás detencións administrativas
  • Fin á prohibición das visitas de familiares
  • Mellores condicións nas prisións

 

397607

Tamén reclaman que se instalen cabinas telefónicas para poder comunicarse coas súas familias ou ter dereito a estudar para continuar formándose en prisión.

Como castigo polo seu “comportamento” os soldados israelíes tomaron medidas: illar aos presos en folga de fame en celas indepentendes para separalos e evitar que outros se unan ou continúen en folga os que xa forman parte da acción, mudalos de prisión sen avisar aos seus familiares nin avogados… Outras estratexias abusivas de castigo tamén implican prohibir as visitas de familiares; axendar visitas e suspendelas sen previo aviso nin argumento algún; ou prohibir o contacto cos seus avogados. Ademais, tamén hai soldados a atacar con agua aos presos ou que se negan a lles dar sal.

O pasado xoves Cruz Vermella Internacional conseguiu visitar a Barghouti. Con todo, non se lle permitiu partillar co avogado nin a familia do preso as informacións obtidas durante o encontro. O único que se sabe é que aparentemente Marwan está ben e quere continuar coa súa loita.

Xa pasou case un mes desde o inicio da folga de fame e tal e como indican os médicos, 20 días sen inxerir alimentos pode provocar danos na saúde con consecuencias a curto e longo prazo. Por iso, debería haber informacións sobre o estado de saúde dos presos e tanto medios de comunicación como gobernos deberían rachar co silencio. Calan por ignorancia ou por complicidade? Estes presos son persoas, seres humanos, cunha serie de dereitos que están a ser vulnerados non só polas FDI, senón tamén polos moitos cómplices que non saben ou parecen non querer saber.

Hai poucos gobernos que se tiveran posicionado en defensa dos presos palestinos. Entre eles, Sudáfrica, onde algunhas figuras políticas do político se uniron a unha folga de fame de 24 horas. Irlanda tamén se negou a ollar para outro lado: na Casa do Concello de Dublín ondea a bandeira de palestina á beira da irlandesa, en solidariedade co pobo palestino e os presos en folga de fame.

image

Quizáis che interese...