Tres palestinos asasinados e máis de 400 persoas feridas nas protestas contra as medidas impostas por Israel en Al-Aqsa.

Nos últimos días, tres palestinos foron asasinados polas Forzas de Seguridades Israelís nas protestas contra as novas medidas de seguridade impostas polas autoridades de Israel no acceso ao complexo da mesquita de Al-Aqsa.

O Waqf, a organización islámica que administra Al-Aqsa, apelou no inicio desta semana a que todas as mesquitas de Xerusalén pechasen na sexta-feira, día santo musulmán, e todas as persoas fiéis da cidade se dirixisen a Al-Aqsa para denunciar a instalación de portais detectores de metais e outras medidas de seguridade adicionais, derivadas da secuencia do ataque do pasado día 14, no que tres palestinos mataron a dous policías israelís.

A policía israelí decidiu tamén impedir que os homes palestinos con idade inferior a 50 entrasen na Cidade Vella de Xerusalén e en Al-Aqsa.

A sociedade palestina ve as medidas en Al-Aqsa como un exemplo máis da utilización por parte das autoridades israelís da violencia e das tensións xeradas pola ocupación para promover e aumentar o control de zonas estratéxicas e importantes do territorio palestino.

Polo menos 3000 elementos das forzas represivas israelís foron situados na Cidade Vella de Xerusalén na mañá da pasada sexta feira. As protestas foron violentamente reprimidas.

A Media Lúa Vermella Palestina informou que polo menos 400 persoas palestinas ficaran feridas en Xerusalén Oriental en na Marxe Occidental. Alén disto, tres palestinos foron asesinados.

Un adolescente palestino foi disparado por un colono israelí durante os enfrontamentos no barrio de Ras al-Amoud, en Xerusalén Oriental, e morría mási tarde a causa das feridas. O rapaz foi identificado Muhammad Mahmoud Sharaf, de 18 anos, do barrio de Silwan. O seu funeral realizouse pouco despois, por medo a que as autoridades israelís confiscasem o corpo.

Outro palestino, identificado por fontes médicas como Muhammad Abu Ghanam, morreu no hospital al-Makassed despois de ser baleado por forzas policiais israelís durante enfrontamentos no bairro de al-Tur. Segundo testemuñas, as forzas israelís invadiron o hospital procurando deter os palestinos e palestinas que ficaran feridas durante as protestas. Neste caso o funeral foi realizado con celeridade, despois de trasladar o corpo sobre un muro, tamén para evitar que as forzas israelís o confiscasen como noutras ocasións. Ghanam, de 20 anos, residia en al-Tur e era estudante de segundo ano na Universidade de Birzeit.

O Ministério de Saúde palestino informou que outro palestino, Muhammad Mahmoud Khalaf, de 17 anos, morría no hospital de Ramala, depois de ser disparado no peito polas forzas israelís durante unha manifestación na aldea de Abu Dis, no distrito de Xerusalén da Marxe Occidental.

 

Quizáis che interese...