50 anos de ocupación israelita: catro datos escandalosos sobre a Orde Militar 101

Medio século prohibindo organizar protestas.

O 27 de agosto fixo 50 anos que Israel emitiu a Orde Militar 101, unha lei que castiga a poboación palestina por expresar pacíficamente as súas opinións políticas. Calquera persoa que infrinxa a orde pode ser condenada con penas de até 10 anos de prisión ou ao pagamento dunha cuantiosa multa. Decorridos 50 anos, a Orde Militar 101 -case tan antiga como a ocupación de Israel de territorios palestinos- continúa a ser aplicada á poboación palestina de Cisxordania, e pode ser executada en calquera momento.

Sabías que Israel leva 50 anos prohibindo á poboación palestina organizar protestas? Así é a vida cotiá da poboación palestina sob a ocupación israelí.

 

Este catro datos presentan o verdadeiro impacto desta lexislación draconiana na vida cotiá da poboación palestina.

1- Se non é con autorización previa dun mando militar israelita, a poboación palestina de Cisxordania ten prohibido asistir e organizar procesións, reunións ou vixilias de máis de nove persoas cun fin político, ou nas que se pronuncie un discurso sobre un tema político, ou para un asunto que poida ser interpretado como político, ou mesmo para debater un tema desta índole.

Desde 1967, as autoridades israelitas detiveron por centos de millares de persoas palestinas -entre elas mulleres e menores de idade- en virtude de ordes militares. Moitas foron detidas en aplicación da Orde Militar 101 unicamente por asistiren a protestas pacíficas consideradas políticas.

Farid ao Atrash e Issa Amro son dous defensores palestinos dos dereitos humanos que están a ser xulgados ante un tribunal militar israelita. Enfróntanse a varios cargos, entre eles “participaren nunha marcha sen permiso”, que non é un delito común recoñecido internacionalmente. Os dous participaron nunha marcha de protesta que tivo lugar o 26 de febreiro de 2016 contra os asentamentos israelitas (as colonias ilexítimamente establecidas por Israel nos Territorios Palestinos Ocupados) e as restricións da liberdade de circulación discriminatorias impostas no centro histórico da cidade de Hebrón.

O dereito á liberdade de reunión pacífica, xunto coa de expresión e asociación, está consagrado en tratados de dereitos humanos en que Israel é Estado Parte, como o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos.

2- Prohíbese a exhibición de bandeiras ou emblemas, e a publicación de calquera documento ou imaxe cun contido de importancia política, se non se conta con permiso dun mando militar israelí.

Durante os últimos 50 anos foron detidas persoas palestinas por colocaren no seu cuarto un cartaz, se este era considerado político, e por izaren a bandeira palestina. Estes actos continúan a ser penalizados a pesar do feito de en 1993 os representantes palestinos teren asinadi un acordo de paz con Israel que tiña por obxecto recoñecer os seus dereitos políticos. Desde entón, a Palestina obtivo a condición de observadora non membro das Nacións Unidas (ONU), e máis de 135 Estados membros da ONU recoñécea como Estado. No entanto, izar a bandeira palestina en Cisxordania ou colocar o cartaz “equivado” nun cuarato son ainda actos delituosos en virtude das ordes militares israelitas, a menos que o autorice un mando militar israelita.

Un dos cargos contra Issa Amro no xuízo militar que se está celebrando refírese a asistir a unha protesta “sen permiso” vestido cunha camisola coa frase “I have a dream” (“Teño un soño”) e ondear a bandeira palestina. Estas accións foron consideradas políticas e, por tanto, delituosas.

3- As expresións verbais ou doutro tipo en apoio ou solidariedade coas actividades e obxectivos de calquera organización considerada ilegal en virtude das ordes militares están prohibidas. Isto inclúe moitos partidos políticos e sindicatos estudantís palestinos.

Apoiar un partido político ou un sindicato de traballadores ou estudantes considerado por Israel “organización hostil” -xa sexa ondeando unha bandeira, cantando un himno ou coreando unha lema nun lugar público- pode ser motivo de detención en aplicación da Orde Militar 101.

Nalgúns casos, a detención vai acompañada de tortura e outros malos tratos. Esta orde afectou persoas palestinas de todo tipo e condición, como xornalistas, estudantes, docentes, campesiños, profesionais da política e condutores de vehículos.

4- Calquera persoa que infrinxa a Orde Militar 101 pode ser condenada a penas de até 10 anos de encarceramento ou ao pagamento dunha cuantiosa multa.

O 6 de novembro de 2012, o ex preso de conciencia Bassem Tamimi foi condenado a catro meses de prisión e unha multa de 5.000 séquelles israelitas (uns 1.280 dólares estadounidenses nese momento) por participar en manifestacións pacíficas contra os asentamentos israelitas. No cadro dun acordo de sentenza, o xuíz militar impuxo tamén unha condena condicional de tres meses, que debía permanecer vixente durante tres anos. Bassem Tamimi afirmou que se viu obrigado a chegar a un acordo de sentenza porque estaba a infrinxir a Orde Militar 101.

Practicamente todas as causas de persoas palestinas elevadas perante tribunais militares israelitas resólvense con fallos condenatorios. A maioría das veces negócianse acordos de sentenza porque os palestinos acusados de delitos saben que o sistema no seu conxunto é tan inxusto que, se van a xuízo, serán declarados culpabeis e lles será imposta unha pena máis longa.

Se queres ver o que significaron 50 anos de ocupación israelí para a poboación palestina, fai clic aquí.

Nadine Marroushi, 25 de agosto de 2017

Fonte: EsCULcA

Artigo publicado na páxina de Amnistía Internacional

Quizáis che interese...